Óscar Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÓscar Figueroa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Óscar Albeiro Figueroa Mosquera Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Zaragoza, Colombia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Santiago de Cali Editar o valor em Wikidata
Altura159 cm Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhalterófilo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata
Participou en
8 de agosto de 2016Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 62 kg masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2012Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Até 62 kg masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor em Wikidata

Instagram: oscarfigueroa27 Editar o valor em Wikidata

Óscar Albeiro Figueroa Mosquera, nado o 27 de abril de 1983, é un levantador de peso colombiano, campión olímpico que competiu na categoría de 62 kg até 2018 e na de 67 kg a partir de 2018, logo de que a Federación Internacional de Halterofilia reorganizase as categorías.[1] Naceu en Zaragoza, en Antioquia.[2]

Inicialmente anunciou o seu retiro do deporte despois dos Xogos Olímpicos de 2016, mais regresou á competición internacional[3] competindo no Campionato Internacional de Halterofilia de 2018.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Figueroa levantando o récord olímpico de 177 kg nos Xogos Olímpicos de 2012.

Olimpíadas[editar | editar a fonte]

Nos Xogos Olímpicos de 2004 clasificouse inicialmente no quinto posto na categoría de 56 kg, levantando un total de 280 kg,[5] quedando finalmente no quinto posto.

Nos Xogo Olímpicos de 2008, Figueroa non conseguiu facer un levantamento, non podendo erguer a barra dende o chan nos tres intentos. Despois da competición, descubriuse que tiña unha hernia cervical que debilitou a súa man dereita.[6][7] Deixou as Olimpíadas sen lograr un resultado e foi sometido a unha cirurxía para corrixir a hernia.[8]

No seu regreso nos Xogos Olímpicos de 2012 despois da súa lesión, clasificouse inicialmente no terceiro posto cun levantamento de 140 kg. Despois de errar nos seus primeiros dous levanetamentos, conseguiu completar con éxito un récord olímpico de 177 kg. Isto outorgoulle un total de 317 kg; o medallista de bronce Eko Yuli Irawan tamén conseguiu o mesmo peso, mais Figueroa tiña un corpo máis lixeiro (61,76 kg contra 61,98 kg) o que lle valeu a medalla de prata.[9][10]

A comezos de 2016, Figueroa tivo unha cirurxía para corrixir unha dor crónica no lombo provocada pola súa hernia lumbar,[11] e volveu a competir nos Xogos Olímpicos de 2016 con esperanzas de gañar o ouro. O 8 de agosto de 2016, Figueroa finalmente gañou o ouro na categoría de 62 kg cun total de 318 kg. Despois de errar nun levantamento de 179 kg coa intención de estabelecer un novo récord olímpico, Figueroa colleu os seus zapatos e colocounos na plataforma, sinalando o seu retiro inmediato do deporte.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PDF listing of 2018 Group A world championship entrants in 67 kg" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  2. Comité Olímpico Colombiano (ed.). "OSCAR ALBEYRO FIGUEROA MOSQUERA" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  3. IWF.net. "Who will be dominant in Santo Domingo?". Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  4. CaracolTV. "¿En qué andan por estos días los medallistas olímpicos Óscar Figueroa y Leidy Solís?". Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  5. International Weightlifting Federation (ed.). "FIGUEROA Oa". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  6. The Associated Press, ed. (11 de agosto de 2008). "China extended its perfect record". Consultado o 24 de agosto de 2008. 
  7. Olympic Channel. "The Oscar Figueroa Story". Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  8. BarBend. "Oscar Figueroa". Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  9. "62kg men results - Weightlifting - London 2012 Olympics". www.olympic.org. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  10. "Weightlifting at the 2012 London Summer Games: Men's Featherweight". Olympics at Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  11. Yahoo. "Colombian weightlifter Figueroa strikes Olympic gold, retires". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  12. "Weightlifting recap: Oscar Figueroa wins gold, retires". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2016.  Arquivado 10 de agosto de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]