Álvaro Carreras
Carreras | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Álvaro Fernández Carreras | ||
Nacemento | 23 de marzo de 2003 | ||
Lugar de nacemento | Galicia | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Granada | ||
Número | 33 | ||
Carreira xuvenil | |||
Galicia de Caranza | |||
–2012 | Racing de Ferrol | ||
2012–2017 | Deportivo da Coruña | ||
2017–2020 | Real Madrid | ||
2020–2022 | Manchester United | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2022– | Manchester United | 0 | (0) |
2022–2023 | → Preston North End | 39 | (0) |
2023– | → Granada | 10 | (0) |
Selección nacional | |||
2019 | España sub-17 | 2 | (0) |
2023– | España sub-21 | 5 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 10 de decembro de 2023. Selección: actualizado a 10 de decembro de 2023.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Granada, da Primeira División, cedido polo Manchester United.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezos[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña [1]. En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.[1]
Manchester United[editar | editar a fonte]
Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18.[1] Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.
Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.[1]
Cesión ao Preston North End[editar | editar a fonte]
Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[2] Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.
Cesión ao Granada[editar | editar a fonte]
En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada.[3] Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza.[4]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Antelo, Iván (26 de xullo de 2022). "Álvaro Carreras buscará la Premier con el Preston". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Álvaro Fernández Carreras, la perla española del United, cedido al Preston". Marca (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Cejudo, José Ignacio (2 de setembro de 2023). "Álvaro Fernández firma cedido por el Granada" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Granada - Girona: resumen, resultado y goles del partido de LaLiga EA Sports". Marca (en castelán). 19 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Un estreno brillante con goles y buen fútbol (0-6)". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 8 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador no sitio web do Granada CF (en castelán).