Toto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toto
Toto en 2010
OrixeOs Ánxeles, California, Estados Unidos
Período1976-2008, 2010-presente
Xénero(s)arena rock, hard rock, surf rock, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Frontiers, Toto Recordings
MembrosSteve Lukather
David Paich
Steve Porcaro
Mike Porcaro
Joseph Williams
Simon Phillips
Antigos membrosJeff Porcaro
Bobby Kimball
David Hungate
Dennis Frederiksen
Jean-Michel Byron
Greg Phillinganes
Na rede
www.totoofficial.com
IMDB: nm3058674 Facebook: totoband Twitter: toto99com MySpace: toto99 Youtube: UCevVH-AyrGnTDMalq2x5fQQ Souncloud: toto-official Spotify: 0PFtn5NtBbbUNbU9EAmIWF iTunes: 1247448882 Last fm: Toto Musicbrainz: aab5c954-cabe-432e-899e-1c4f99757327 Songkick: 46215 Discogs: 68693 Allmusic: mn0000006320 Deezer: 215 Genius: Toto Editar o valor em Wikidata

Toto é unha banda americana de rock formada nos Ánxeles (California) en 1976. O grupo está composto por Joseph Williams (voz principal), David Paich (teclados), Steve Porcaro (teclados), Steve Lukather (guitarra, voz), Mike Porcaro (baixo), e Simon Phillips (batería). Toto son coñecidos por un estilo musical que combina pop, rock, soul, funk, rock progresivo, hard rock, R&B e jazz.

David Paich e Jeff Porcaro tocaban xuntos coma músicos secundarios en moitos álbums, e decidiron formar un grupo. David Hungate, Steve Lukather, Jim Potocki, Steve Porcaro e Bobby Kimball uníronse ao grupo antes do lanzamento do primeiro álbum. A banda tivo un grande éxito comercial a final dos anos 70 e nos 80, comezando co álbum de debut homónimo en 1978. Co lanzamento de Toto IV en 1982, álbum que tivo un grande éxito e moi boas críticas, Toto converteuse nunha das bandas con maiores vendas da súa época. Son coñecidos por éxitos coma ""Hold the Line", "Rosanna", ou "Africa". Malia que a súa popularidade nos Estados Unidos diminuíu nos anos 90 e 2000, seguiron sendo populares internacionalmente, facendo só uns poucos concertos nos Estados Unidos. Co tempo houbo moitos cambios no grupo. En 2008, Lukather anunciou a súa marcha do grupo, e os demais membros da banda separaron os seus camiños pouco despois. No verán de 2010, Toto volveron e fixeron unha pequena xira europea con novos membros en beneficio de Mike Porcaro, a quen lle diagnosticaran unha esclerose lateral amiotrófica.[1]

A banda lanzou un total de 17 álbums, e vendeu ao redor de 35 millóns de discos. O grupo gañou numerosos premios Grammy e foi incluído no Hall of Fame de músicos no ano 2009.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación (1976)[editar | editar a fonte]

Londres, 1982 (Steve Porcaro, John Smith, Bobby Kimball, Steve Lukather, Lenny Castro, Jeff Porcaro)

Os membros de Toto participan en álbums de Steely Dan, Seals and Crofts, Boz Scaggs, Sonny and Cher e moitos outros, contribuíndo a moitas das gravacións máis populares dos anos 70. O teclista David Paich, fillo do tamén músico Marty Paich, deuse a coñecer tras axudar a escribir gran parte do álbum dos Scaggs, Silk Degrees. Tras tocar en moitas sesións co batería Jeff Porcaro (fillo do percusionista Joe Porcaro), a quen coñeceu no Grant High School en North Hollywood, California, onde formaron a banda Rural Still Life, os dous comezaron a estudar a posibilidade de formar a súa propia banda. Conseguiron ao baixista David Hungate, con quen tocaran nalgunha xira cos Boz Scaggs. Ademais, decidiron chamar para o grupo a Steve Lukather (quen tamén tocara para os Scaggs coma substitución de Les Dudek), e ó irmán de Jeff, Steve Porcaro, teclista. Lukather e Steve Porcaro foron compañeiros no instituto, e continuaron coa banda Rural Still Life despois de que Paich e Jeff se graduasen. Coa incorporación do cantante Bobby Kimball, o grupo comezou a traballar no seu primeiro disco despois de asinar con Columbia Records.

Nome da banda e álbum de debut (1977-79)[editar | editar a fonte]

Unha vez formada a banda, David Paich comezou a compoñer o que sería o álbum de debut homónimo, Toto. Segundo un mito popular, nas primeiras sesións de gravación, para distinguir as cintas propias das dos demais grupos, Jeff Porcaro escribiu a palabra "Toto" nelas. A comezou dos anos 80, os membros da banda contáronlle á prensa que o nome viña polo can de O Mago de Oz. Un rumor popular é que o nome viña do "verdadeiro" apelido de Bobby Kimball, Toteaux. Este rumor era unha broma do baixista David Hungate.[2] Tras rematar o primeiro álbum, a banda e o traballo seguían aínda sen nome. David Hungate, tras ver o nome nas cintas, explicoulles aos demais membros que a palabra "Toto" en latín significaba "todo englobado". Coma a banda tocaba en numerosos estilos e xéneros musicais, puxéronse o nome de Toto.

Tras o lanzamento do disco, Toto subiu rapidamente nas listas, gañando popularidade co sinxelo "Hold the Line", ademais de "I'll Supply the Love" e "Georgy Porgy". O grupo gañou fama internacional e foi nomeado aos premios Grammy coma mellor novo artista. Pouco despois, a comezos de 1979, fixeron a súa primeira xira por América, promocionando o seu álbum de debut. Para esa xira, Toto contou con dous músicos adicionais, Tom Kelly (guitarra, coros) e Lenny Castro (percusión) para aumentar a profundidade do son, e continuaron contando con máis músicos adicionais nas xiras posteriores.

Hydra e Turn Back (1980-81)[editar | editar a fonte]

Kimball e Lukather en directo en 2007

Ao remate da primeira xira, a banda comezou a traballar no seu seguinte álbum, titulado Hydra, que foi editado nese mesmo ano e que tiña a canción "99", inspirada pola película THX 1138, de George Lucas.[3] Preto de 30 anos máis tarde, Steve Lukather confesou que, pese á popularidade da canción, odiaba "99" e que é unha das cancións que menos lle gustan de Toto, razón pola cal non foi tocada máis en directo.[4] A banda ademais editou catro vídeos musicais do álbum, incluíndo un da canción que lle dá título ao disco. Malia que Hydra non tivo o éxito do primeiro traballo de Toto, conseguiu ser disco de ouro. Tras o lanzamento do álbum, a banda fixo o "Hydra Tour", con concertos en América e no resto do mundo. A xira durou de febreiro a xuño de 1980.

A comezos de 1981, Toto editou o seu terceiro álbum, Turn Back, con menos partes de teclado e máis de guitarra que nos dous discos anteriores. Turn Back non conseguiu o éxito dos anteriores traballos, e a canción "Goodbye Elenore" foi o único sinxelo oficial editado en todo o mundo.[5] Debido á decepción comercial do traballo, a banda minimizou os seus esforzos por facer unha xira. Vendéronse 900.000 copias en todo o mundo, e estivo a piques de facer que Toto perdera o seu contrato con Columbia Records.[6]

Toto IV (1982)[editar | editar a fonte]

1982 marcou o comezo da etapa máis exitosa de Toto. Tras as decepcionantes vendas de Turn Back, a banda estaba baixo unha gran presión por parte da compañía discográfica para producir outro gran traballo. Con Toto IV, a banda fixo un dos discos máis exitosos comercialmente dos anos 80. O álbum contiña tres sinxelos que chegaron ao Top 10 da lista Billboard Hot 100: "Rosanna", "Africa" e "I Won't Hold You Back". Ademais apareceu en listas de países de todo o mundo, e a banda deuse a coñecer en novos lugares grazas ao novo disco. "Africa" chegou ao máis alto das listas en febreiro de 1983, pero foi "Rosanna" a canción que lle deu á banda varias candidaturas aos premios Grammy. Toto IV obtivo 6 Grammy, incluíndo "Gravación do Ano" por "Rosanna", "Álbum do Ano" por "Toto IV", e "Produtor do Ano". A canción "Rosanna" obtivo o seu nome pola antiga moza de Steve Porcaro, a actriz Rosanna Arquette, pero a canción non é sobre ela, segundo palabras de David Paich. Ademais de "Africa" e "Rosanna", Toto continuou co seu éxito co lanzamento doutro sinxelo, "Make Believe". A banda fixo unha xira durante 1982 presentando o seu álbum Toto IV.

Membros[editar | editar a fonte]

En letra grosa, os fundadores da banda.

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Toto 1978 Columbia Records
Hydra 1979 Columbia Records
Turn Back 1981 Columbia Records
Toto IV 1982 Columbia Records
Isolation 1984 Columbia Records
Fahrenheit 1986 Columbia Records
The Seventh One 1988 Columbia Records
Kingdom of Desire 1992 Relativity Records
Tambu 1995 Sony Records
Mindfields 1999 Legacy Recordings
Through the Looking Glass 2002 Capitol Records
Falling in Between 2006 Frontiers Records
Toto XIV 2015 Frontiers Records
Old Is New 2018 Columbia Records

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Past to Present 1977-1990 - 1990
  • Best Ballads - 1995
  • Legend : The Best of Toto - 1996
  • Greatest Hits - 1996
  • Toto XX - 1998
  • Super Hits - 2001
  • Hold The Line - The Very Best of Toto - 2001
  • The Very Best of Toto - 2002
  • Greatest Hits ...and More - 2002
  • Love Songs - 2003
  • Africa - 2003
  • The Essential Toto - 2003
  • Rosanna — The Very Best of Toto - 2005
  • The Very Best of Toto & Foreigner - 2007
  • Hit Collection - 2007
  • The Collection - 2008
  • Playlist: The Very Best of Toto - 2009
  • Africa — The Best of Toto - 2009
  • Gold — Greatest Hits - 2009

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Official TOTO Website – Hot News". toto99.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  2. "Robert's Toto Homepage". Hem.passagen.se. 5 de agosto de 1992. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2001. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  3. "Toto Encyclopedia". Toto99.com. 28 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  4. "Steve Lukather Interview 2007". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 01 de marzo de 2012. 
  5. "Turn Back album page". Stevelukather.net. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  6. *Sarasota Herald-Tribune – 11 de xullo de 1982

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]