Ángel Vernet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1910 A Ramallosa, España |
Morte | 2 de novembro de 1981 (71 anos) Baiona, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor , canteiro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Vernet Fernández |
Fillos | seis |
Ángel Fernández González, máis coñecido como Angelito Vernet, nado en San Pedro da Ramallosa, Nigrán, o 6 de abril de 1910 e finado o 2 de novembro de 1981 en Sabarís, Baiona, foi un canteiro e escultor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un dos catro fillos de Manuel Fernández Carneiro, canteiro portugués, e de Esperanza González Alonso.
Coñecérono máis polo primeiro apelido da súa muller, a baionesa Carmen Vernet Fernández, que polo seu propio.
Canteiro dende novo, tamén andou embarcado, tocaba o clarinete e foi directivo do Erizana Club de Fútbol.
Atropelouno un autobús na recta de Sabarís, cando ía acompañado dun dos seus netos, o neno Ángel Alfonso Giráldez Fernández, de dous anos de idade, falecendo ámbolos dous. Ao coñecer o sucedido, Carmen, a súa muller, sufriu un infarto e finou tamén.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Escudo na fachada do Parador Nacional Conde de Gondomar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia. 3/11/1981, 4/11/2021 e 5/11/1981.
- ↑ "Baiona reivindica a su orfebre de la piedra Ángel "Vernet"". Atlántico Diario (en castelán). 1/3/2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel Vernet |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Antonio de Mauricio (pseudónimo de Antonio Vilar Montero) (2001). Historia de Bayona (en castelán). Alén Miño. pp. 293–299.
- Rey Lama, Luis Alberto (2015). Por la Baiona de antes (en castelán). pp. 96–170.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- ""Vernet" cinceló la historia de Baiona". Faro de Vigo (en castelán). 1/3/2015.