Saltar ao contido

Ángel Atienza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Atienza
Biografía
Nacemento(es) Ángel Atienza Landeta Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1931 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista, escultor, pintor Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1951–1953   Real Zaragoza 60(5)
1954–1959   Real Madrid CF 73(0)

BNE: XX1747223

Ángel Atienza Landeta, nado en Madrid o 16 de marzo de 1931 e finado en Barcelona o 23 de agosto de 2015, foi un futbolista e artista español. Era coñecido como Atienza II, para diferencialo do seu irmán máis vello Adolfo Atienza (Atienza I).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Madrid, trasladouse sendo novo a Galicia, ao seren destinados seus pais como mestres a Santiago de Compostela. Xogou no Viveiro e na Ximnástica Lucense, debutando con esta última na Segunda División, nun partido contra a Orensana correspondente á tempada 1949/50. Tras dous anos no equipo lugués, ás ordes de Ramón Polo primeiro e Ramón Estévez despois, fichou polo Zaragoza pouco despois do comezo da tempada 1951/52.

Co equipo aragonés debutou na Primeira División, nun encontro fronte ao Atlético de Madrid no estadio Metropolitano. Militou tres tempadas en Zaragoza, ata que en 1954 fichou polo Real Madrid, equipo no que xogaba seu irmán Adolfo.[1] Xogou seis anos no club branco, tendo destacadas actuacións nas finais da Copa de Europa de 1956 e 1958.[2] Diexou o Real Madrid e o fútbol en 1960, con cinco Copas de Europa, tres ligas e dúas Copas Latinas no seu palmarés.

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Xa durante a súa carreira deportiva tiña participado en diferentes exposicións colectivas de pintura. Nunha viaxe por Europa Central interesouse pola realización de murais e os traballos en vidro. A partir de 1964 comezou o seu labor como ceramista, trasladándose a Venezuela en 1976 onde proseguiu o seu labor como escultor. Entre outros traballos realizou as vidreiras do Aeroporto Internacional de Maiquetía.[3] Regresou a España en 2001, realizando aínda varios traballos como a restauración das vidreiras do Círculo de Belas Artes de Madrid.[3] Realizou diferentes exposicións en países como Alemaña, Bélxica, Suíza, os Países Baixos ou os Estados Unidos.[3]

Faleceu o 23 de agosto de 2015, aos 84 anos de idade.[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Real Madrid
  1. "Uno de los nuestros: Ángel Atienza Landeta, Atienza II" (en castelán). 24 de setembro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Fallece Ángel Atienza, el jugador y artista del Real Zaragoza que ganó cuatro Copas de Europa" (en castelán). 25 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "ARTISTA: ANGEL ATIENZA". museocruzherrera.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2008. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.  Arquivado 07 de outubro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]