Outono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría do outono no pazo de Lóngora.
Follas secas.

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte e entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de decembro no hemisferio norte e o 21 de xuño no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de setembro, outubro e novembro no hemisferio norte e marzo, abril e maio no hemisferio sur.

Outono na cultura galega[editar | editar a fonte]

Na sociedade tradicional galega "outono" era en moitos puntos propiamente o nome que recibía o mes de outubro, mentres a estación denominábase nos primeiros meses primavera de outono[1] ou verán de San Martiño para o comezo do mes de novembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Rei, F. (2002): "As estacións do ano en galego: o inverno, o verán e as primaveras", en Homenaxe a R. Tato Plaza, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 134 e ss. ISBN 978-84-8121-972-2.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.