Verán de San Martiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase popularmente verán de San Martiño aos días cálidos que adoitan darse próximos ao 11 de novembro, data na que se celebra este santo.[1][2] Segundo a tradición, Martiño de Tours partiu a súa capa para protexer do frío a un pobre[3] e dise que eses días de bo tempo concédeos Deus en memoria deste xesto.[4]

Esta expresión dáse en moitas linguas romances coma o portugués (verão de São Martinho), catalán (estiuet de Sant Martí) ou francés (été de la Saint Martin); tamén en outros ámbitos lingüísticos coma o éuscaro (Sanmartinetako uda txiki), alemán (Martinssommer) ou polaco (świętomarcińskie lato).[5]

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

Os valores climáticos de referencia (1981-2010) para o mes de novembro en Galicia son de 10,9 °C de temperatura media e 173 L/m² de precipitación media.[6] Porén, podemos comprobar que adoitan darse períodos anticiclónicos a mediados deste mes caracterizados por deixar temperaturas agradables e ceos despexados con ausencia de precipitacións.[7]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • "O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño."[8]
  • "O verán de San Miguel vaise coma o mel, e o de San Martiño é máis pequeniño."[8]
  • "O verán de San Martiño ou é grande ou pequeniño."[9]
  • "Non te fíes do veranciño de San Martiño, que che é curto e pillo."[10]
  • "Tras o veranciño de San Martiño chega Nadal co seu inverniño."[11]
  • "Polo San Martiño, veranciño; pola Santa Isabel, inverno a encher."[12]
  • "O veranciño de San Martiño dura o que o can a pasar o camiño."[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez, Rosario; Dubert García, Francisco; Sousa Fernández, Xulio, eds. (2002). "Notas sobre o léxico moderno da Gallaecia e do seu litoral". Dialectoloxía e léxico. Colección Base. Consello da Cultura Galega. p. 173. ISBN 84-95415-66-6. Consultado o 2023. 
  2. Diccionario Normativo Galego-Castelán. Editorial Galaxia, S.A. 2000. p. 970. ISBN 84-7154-641-8. 
  3. "Guía de nomes galegos". academia.gal. Consultado o 2023. 
  4. Ferro Ruibal, Xesús (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións. 
  5. Enrique Gargallo Gil, José; Ruiz-Zorrilla Cruzate, Marc. "El concepto de ‘veranillo’ en Europa" (PDF). divulgameteo.es (en Castelán). pp. 7–8. Consultado o 2023. 
  6. "Informe Climatolóxico Mes de Novembro de 2022" (PDF). meteo-estaticos.xunta.gal. Consultado o 19 de novembro de 2023. 
  7. "Informes climatolóxicos". meteogalicia.gal. Consultado o 2024. 
  8. 8,0 8,1 García, Constantino (2003). Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. Atlas Lingüístico Galego IV. Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 472. 
  9. "«O verán de San Martiño ou é grande ou pequeniño»". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  10. Quintáns Suárez, Manuel (1994). Anuario de tradicións galegas. Tambre. p. 103. ISBN 9788445311004. 
  11. Zamora Mosquera, Federico (1972). Refráns e ditos populares galegos. Galaxia. p. 234. ISBN 9788471542014. 
  12. Gippini Escoda, Enrique (1991). Refraneiro galego (Escolma). Ediciós do Castro. p. 26. ISBN 84-7492-552-5. 
  13. Ferro Ruibal, Xesús (2008). Refraneiro de Grou (Lobios) recollido por Bieito Fernandes do Palheiro. Xunta de Galicia. p. 52.