Saltar ao contido

Meditación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A meditación é o nome xenérico dunha serie de actividades que ensinan diversas relixións e movementos (por exemplo o Ioga). As definicións e técnicas varían bastante, mais unha meditación típica comprende 3 etapas:

  1. abstracción dos sentidos,
  2. concentración : atención en manter unha postura correcta
  3. manter a mente inmóbil : non prestar atención aos pensamentos que xorden e deixalos que se dilúan.
Nota: a meditación neste sentido non se debe confundir coa meditación no senso xeral de cavilación: ao contrario, coa meditación trátase de calar a mente, non de póla a cavilar.

A meditación é un técnica de relaxamento na que calamos a mente para ouvirmos a alma (o subconsciente); imaxine un río en que a corrente non deixe que vexamos o fondo, o río é a nosa mente e a corrente son os nosos pensamentos e o fondo é o noso verdadeiro eu interior, no cal, só conseguimos entrar en contacto con el cando voltamos para dentro de nós mesmos, sendo así é a través da meditación que podemos evoluírmos espiritualmente e consecuentemente pasamos a nos coñecer mellor.

Beneficios

[editar | editar a fonte]
Algún budista xaponés comparou a meditación co proceso de deixar repousar un vaso con auga e barro: o barro vai apousando no fundo e a auga fica cristalina.

Os beneficios coa práctica da meditación son innúmeros, mais podemos destacar principalmente, que é o mellor antiestrés que existe,pois o estrés é acumulativo así como a meditación,entón a través da práctica diaria, a meditación baixa o estrés deixándonos máis calmos. Moitos hospitais utilizan ese tipo de técnica de relaxamento antes das cirurxías.

Práctica

[editar | editar a fonte]

Como calar a mente? a mente cala se imos deixando que os pensamentos que xorden se dilúan, como se dilúen as ondas que fai unha pedra ao caer na auga.

Existen moitas técnicas, mais todas levan consigo basicamente a concentración (na postura, no respiro etc) e o non seguimento dos posíbeis pensamentos que xorden unha e outra vez, ata que se vai calmando a mente e cala pouco a pouco.

Volta ao medio

[editar | editar a fonte]

Nas filosofías relixiosas do oriente, como sankhya-ioga, brahmanismo, budismo e as súas variacións como o budismo tibetano e zen, ben como nas artes marciais como tai chi chuan, a meditación é vista como un estado que supera o intelecto, onde a mente se pon en silencio para dar lugar ao contido espiritual. Ese "calar a mente" lévanos de volta ao centro real da nosa vida, ao "medio", de aí meditar.

En sánscrito a meditación é chamada dhyana, obtida polas técnicas de dharana (concentración).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]