Saltar ao contido

Diagrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un diagrama de control de calidade para artigos da Wikipedia

Un diagrama[1] é unha representación visual simplemente estruturada dun concepto ou idea dada; un esquema que se pode utilizar para axudar a establecer un concepto ou idea dun xeito máis conciso, práctico e preciso.[2]

Adoita estar relacionado coa ciencia e a arte, como mostra por exemplo a serie documental The Beauty of Diagrams producida pola BBC en 2010.[3]

Os diagramas pódense clasificar en: ilustrativos, estatísticos, relacionais, organizativos e temporais.[4]

Pódense considerar unha das formas de infografía máis complexas que existen e tamén as que requiren maiores habilidades artísticas.[5]

Os diagramas requiren lendas e textos para complementar a información gráfica e serven para mostrar como pasou algo, como é algo por dentro ou como funciona un determinado mecanismo.[2][5]

Hai varios tipos de diagramas, como se mostra na seguinte lista.

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]
  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-13. 
  2. 2,0 2,1 Fetter, Luiz Carlos (2010). "Infografia: o Design Visual da Informação" (PDF). Publicado no IX Congresso Brasileiro de Pesquisa e Desenvolvimento em Design. Consultado o 27/05/2024. 
  3. The Beauty of Diagrams (en inglés). 2010. 
  4. BOUNFORD, Trevor (2000). Digital Diagrams:How to Design and Present Statistical Information Effectively. Nova York. ISBN 978-0823015726. 
  5. 5,0 5,1 "INFOGRAFÍA". web.archive.org; La Laguna, Tenerife. 2007-03-20. Consultado o 2024-12-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]