Mapa mental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un mapa mental feito á man.

Un mapa mental (en inglés, mind map) é un diagrama usado para representar as palabras, ideas, tarefas ou outros conceptos ligados e dispostos radialmente ao redor dunha palabra clave ou dunha idea central.

Características[editar | editar a fonte]

Utilízase para a xeración, visualización, estrutura e clasificación taxonómica das ideas, e como axuda interna para o estudo, organización, solución de problemas, toma de decisións e escritura.

Trátase dun diagrama de representación semántica das conexións entre as porcións de información. Presentando estas conexións dun xeito gráfico radial, non lineal, estimula un achegamento reflexivo a calquera tarefa de organización de datos, eliminando o estímulo inicial de establecer un marco conceptual intrínseco apropiado ou relevante ao traballo específico. Un mapa mental é similar a unha rede semántica ou modelo cognoscitivo pero sen restricións formais nas clases de enlaces usados. Os elementos arránxanse intuitivamente segundo a importancia dos conceptos e organízanse nas agrupacións, as ramas ou as áreas. A formulación gráfica pode axudar á memoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Novak, J. D. (1993), "How do we learn our lesson?: Taking students through the process". The Science Teacher, 60(3), 50-55 (ISSN 0036-8555)
  • Nast, J. (2006). Idea Mapping: how to access your hidden brain power, learn faster, remember more, and achieve success in business. New Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-78862-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]