Organigrama
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Un organigrama é a representación gráfica da estrutura dunha empresa ou organización. Representa as estruturas departamentais e, nalgúns casos, as persoas que as dirixen, compoñendo un esquema sobre as relacións xerárquicas e competenciais na organización.
O organigrama é un modelo abstracto e sistemático, coa función de ser unha idea uniforme da estrutura formal dunha organización. Debe conter os elementos indispensábeis e ser sinxelo de utilizar.
Clases de organigramas[editar | editar a fonte]
Pola finalidade[editar | editar a fonte]
- Informativos: só amosa os grandes departamentos da empresa.
- De análise: reflicte grandes e pequenos departamentos.
Pola extensión[editar | editar a fonte]
- Xerais: representan todos os departamentos da empresa.
- De detalle: representan só un departamento en concreto.
Polo contido[editar | editar a fonte]
- Estrutural: toda a estrutura da empresa.
- Funcional: o contido do departamento.
- De persoal: representan as persoas que dirixen.
Pola forma[editar | editar a fonte]
- Vertical: mostra as xerarquías seguindo unha pirámide, de arriba cara abaixo.
- Horizontal: mostra as xerarquías de esquerda a dereita.
- Mixto: é unha combinación entre os dous anteriores.
- Circular: a autoridade máxima está no centro, formándose arredor círculos concéntricos onde se poñen os xefes inmediatos.
- Escalar: empréganse sangrías para sinalar a autoridade, canto maior é a sangría, menor é a autoridade dese cargo.
- Tabular: é igual que o escalar, só que mentres que o escalar leva liñas que unen os mandos de autoridade, o tabular non.