Azulenta común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azulenta común
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Prunellidae
Xénero: 'Prunella'
Especie: P. modularis
Nome binomial
'Prunella modularis'
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Prunella modularis
Cuculus canorus canorus + Prunella modularis

A azulenta común (Prunella modularis) é unha especie de ave paseriforme da familia Prunellidae[2] amplamente distribuída por toda Europa. O seu aspecto apagado e pouco chamativo faino difícil de distinguir dun paporrubio xuvenil, dunha pica dos prados ou dun carrizo. Non obstante, o seu estraño hábito de apareamento, con tríos dun macho con dúas femias, ou dunha femia con dous machos, faino moi particular.

O seu canto é un chirlo rápido, plano, agudo, monocorde.

O seu niño é unha cunca herbácea, revestida de musgo ou pelo, con 4-5 ovos postos en 2-3 niñadas de abril a xuño.

Vive entre arbustos, entre a maleza, comendo pequenos insectos e sementes.

Cría en toda Europa menos en Islandia; especialmente en uceiras e marismas con matogueira densa, en zonas costeiras, bosques densos, cultivos e xardíns.

Subespecies[editar | editar a fonte]

¿Onde vai a triste azulenta
que pousaba no penedo,
que falaba cos picariños...?
¿Por qué se iría tan cedo?

Recoñécense as seguintes subespecies:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan e C. L. Wood. (2010). "The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5". Consultado o 8 de xuño de 2011. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 55. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hume. Rob. 2020. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]