Prunélidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Prunellidae»)
Azulentas

Prunella modularis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Prunelidae
Richmond, 1908
Xénero: Prunella
Vieillot, 1816
Especies

Ver texto

Sinonimia

Laiscopus

Os prunélidos (Prunellidae) son unha pequena familia de aves, que comprende un só xénero, Prunella, que é a única familia endémica do Paleártico, que reciben o nome común de azulentas. En Galicia viven as especies Prunella collaris (azulenta alpina) e Prunella modularis (azulenta común). Case todas as especies habitan en rexións montañosas de Europa e Asia, menos P. modularis e P. rubida do Xapón, que poden vivir tamén en terras baixas, igual que fai P. montanella no alto norte de Siberia. Estas aves non son moi migratorias, mais abandonan as partes frías da súa área de distribución en inverno e fan movementos altitudinais.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Aínda que o xénero Prunella é o que normalmente se utiliza para clasificar todas as azulentas, as azulentas alpinas e as dos montes Altai son ás veces separadas no xénero Laiscopus.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son especies pequenas, pouco rechamantes, superficialmente similares a pardais, pero non relacionadas con eles; xeralmente considérase que están reacionadas cos túrdidos. Teñen de 14 a 18 cm de lonxitude e pesan entre 25 e 35 g.[1] Porén, teñen peteiros agudos, o que reflicte a súa dieta de insectos que viven no chan en verán, acrecentada con sementes e bagas en inverno. Poden tamén tragar pedriñas e grava para axudar a que os seus estómagos esmoan as sementes.[3]

A maioría das especies viven formando bandadas. A azulenta común (P. modularis) é unha excepción, xa que prefire a vida solitaria excepto cando se alimenta.[3]

As azulentas poden reproducirse dúas ou tres veces ao ano. O cortexo consiste en que os machos fan moito ruído, que poden incluír cancións curtas parecidas ás das lavercas para atraer unha parella. Na maioría das especies, o macho e a femia comparten os labores de construción do niño, pero as azulentas comúns son unha excepción: os machos non toman parte en dita construción nin na incubación; ademais esta especie realiza exhibicións no seu cortexo movendo as ás de maneira característica.[3] Os niños teñen forma de copa simple e neles poñen uns 4 ovos verdes ou azuis sen manchas.[1] Os ovos incúbnse durante uns 12 días. Ambos os proxenitores alimentan as crías e tardan outros 12 días máis en emplumar.[3]

Hábitat[editar | editar a fonte]

O seu hábitat típico son as rexións montañosas nunha área lonxe da liña de árbores pero por debaixo da liña das neves. A azulenta do Himalaia pode encontrarse a alturas de 5 000 m sobre o nivel do mar cando se reproduce, pero a maioría das azulentas reprodúcense en vexetación de matogueira en baixas altitudes. A maioría das especies migran montaña abaixo para pasar o inverno, e só algúns individuos permanecen nas alturas. As azulentas pasan a maior parte do tempo no sotobosque e incluso cando foxen, permanecen en zona baixas preto do chan ata que atopan un esconderixo axeitado.[3]

Lista de especies[editar | editar a fonte]

Familia: Prunellidae

Nome e etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Prunella, procede do alemán Braunelle, "azulenta", un diminutivo de braun, 'marrón'.[4] O nome científico antigo da azulenta alpina era Accentor collaris, o que explica que nalgúns idiomas se lles chame a estes paxaros acentores, que vén do latín e significa 'cantar con outros' (ad + cantor).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 McClure, H. Elliott (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. p. 184. ISBN 1-85391-186-0. 
  2. HBW Volume 10, page 496.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Burton, Maurice; Burton, Robert (1974). The Funk & Wagnalls Wildlife Encyclopedia 1. New York, N.Y.: Funk and Wagnalls. OCLC 20316938. 
  4. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. p. 318. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. "Accentor". Oxford English Dictionary (3rd ed.). Oxford University Press. September 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns extrernas[editar | editar a fonte]