Pica dos prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pica dos prados
Adulto.
Adulto.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Paseriformes
Familia: Motacílidos
Xénero: Anthus
Especie: A. pratensis
Nome binomial
Anthus pratensis
(Linnaeus, 1758)
Subespecies

Anthus pratensis pratensis
Anthus pratensis whistleri

A pica dos prados[1] (Anthus pratensis) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos.

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa distribución é paleártica, habitando en terreos abertos, prados, cultivos e tundras. É migratoria e aniña na metade norte de Europa e Asia. Inverna no sur de Europa, no norte de África e no sur de Asia. Reside de forma permanente en Países Baixos, Reino Unido e Francia.

Comportamento e reprodución[editar | editar a fonte]

Aliméntase de insectos e dalgunhas sementes. Normalmente desprázase polo chan e fai voos curtos. Constrúe o niño con palla e musgo directamente no chan. O período de cría vai dende abril a xuño. A femia pon xeralmente dúas niñadas de catro ou seis ovos de cor gris que choca durante dúas semanas aproximadamente. As crías son alimentadas por ambos proxenitores durante 12-14 días. A pica dos prados é vítima da conduta reprodutiva parasitaria do cuco.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas subespecies de Anthus pratensis:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.