Zygomycota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zygomycota
Mouldy bread.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungi
(sen clasif.) Amastigomycota
División: Zygomycota (P)
Moreau 1954
Subfilos e ordes

Mucoromycotina:

Kickxellomycotina:

Entomophthoromycotina:

Zoopagomycotina:

Sinonimia
  • Zygomycetes Sachs 1874
  • Zygomycotina Ainsworth et al. 1973

Zygomycota é unha división de fungos, que inclúe ao redor de 1.000 especies. Os fungos pertencentes ao fío Zygomycota caracterízanse por formar zygosporas con grosas paredes, de orixe sexual e esporangiosporas non nadadoras, de orixe asexual. O mofo negro do pan (Rhizopus nigricans), un representante ben coñecido deste grupo da orde Mucorales, produce masas de hifas sobre pan, froita e outros alimentos deteriorados.O corpo deste fungo, composto de hifas non septadas (cenocíticas), mostra que a pesar dunha pequena diferenciación celular entre os fungos, as hifas poden especializarse por varios propósitos. Os fungos da orde Entomoftorales son parasitos das moscas, protisas miniaturas e doutros insectos. Son organismos de nutrición saprófita, aliméntanse de restos de plantas e animais do chan. Teñen esporanxiosporas sinxelas dentro duns receptáculos; no interior de cada un deles desenvólvense unhas estruturas que chegan a independizarse e funcionar como conidios. A orde Zoopagales comprende fungos parasitos de amebas, nemátodos e artrópodos.

Este tipo de fungos producen esporas asexuais dentro dos esporanxios, e durante a reprodución sexual, fórmase unha zygospora con paredes de resistencia, na que ocorrerá a meiose.

A maioría dos fungos coñecidos como mofo, como os do pan ou a froita, pertencen a esta división.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Zygomycota é un grao ou grupo parafilético que representa a etapa máis temperá da evolución do clado Amastigomycota. A súa filoxenia mostra que a maioría de subfilos tamén son parafiléticos, resumindo as relacións a nivel de ordes do seguinte modo:[1]

Amastigomycota


 Basidiobolales




 Entomophthorales





 Harpellales



 Kickxellales





 Dimargaritales



 Zoopagales








 Mortierellales





 Endogonales



 Mucorales





 Glomeromycota



 Dikarya (fungos superiores)






Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]