Zume gástrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O zume gástrico é o conxunto das substancias que contieñen enzimas e participan na dixestión, como son o cuspe, a bile ou fel, o zume pancreático ou o zume intestinal.[Cómpre referencia]

O zume gástrico é un líquido de cor clara, producido polo estómago e segregado en abundancia por numerosas glándulas microscópicas diseminadas pola súa mucosa.

As súas principais compoñentes son:

Para se protexer da acedía destes zumes, as células do estómago segregan mucus nas paredes do estómago e así evitan posibles danos, xa que a mucina é resistente á proteólise.

Formación e funcións[editar | editar a fonte]

As células parietais producen ácido clorhídrico (HCl); este activa a enzima zimoxénica pepsinóxeno — liberada polas células principais— favorecendo a súa conversión a pepsina.

O ácido clorhídrico só forma o 1% dos zumes gástricos.

Por mor da presenza do ácido clorhídrico, o pH toma un valor entre un e dous. Este medio acedo facilita a degradación (hidrólise) das proteínas para as converter en unidades máis cativas (aminoácidos e pequenos péptidos). Xunto á pepsina, outras proteases dixestivas de importancia son a tripsina e mais a quimotripsina, producidas no páncreas e vertidas ao duodeno.

Así mesmo, a renina gástrica[Cómpre referencia] transforma a caseína (proteína do leite) nunha proteína solúbel 07-12-2012[Cómpre referencia] para a acción da pepsina. Pola súa banda, a lipase gástrica actúa sobre certos lípidos.

Polo xeral élle difícil dixerir féculas.

Grazas á acción dos zumes gástricos, o bolo alimenticio (masa formada polos alimentos mastigados e mesturados coa saliva) pasa a formar unha substancia mesta denominada quimo.