Quimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O quimo (do lat. chymus, e este do gr. χυμὀς khymós, zume) é unha masa pastosa, semisólida e ácida, que se forma durante a dixestión inicial dos alimentos. Fórmase polos movementos de contracción que posúen as paredes musculares do estómago, e pola acción química da pepsina, enzima que desdobra quimicamente as proteínas, e por acción do ácido clorhídrico (HCl) que segregan as células parietais das criptas de Liéberkum ou criptas gástricas situadas na mucosa do estómago. O quimo pasa despois ao duodeno, onde continuará a súa dixestión transformándose no quilo.