Zulu Sofola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZulu Sofola
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1935 Editar o valor em Wikidata
Issele-Uku, Nixeria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeNixeria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de América - drama
Southern Baptist Theological Seminary (en) Traducir
Virginia Union University (en) Traducir
Universidade de Ibadan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturga , escritora , realizadora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ibadan (pt) Traducir
University of Ilorin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e pidgin nixeriano Editar o valor em Wikidata


Zulu Sofola, nada o 22 de xuño de 1935 e finada o 5 de setembro de 1995[1], foi unha dramaturga nixeriana, a primeira do seu país[2]. Sofola foi tamén profesora universitaria, e a primeira muller docente de artes teatrais en África.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nwazuluwa Onuekwuke Sofola[3] naceu no estado de Bendel, filla de Nwaugbade Okwumabua e o xefe Ogana Okwumabua, do pobo ibo e procedentes de Issele-Uku, na área administrativa de Anochia North, no Estado do Delta.

Foi á escola en Asaba e ao Instituto Feminino Baptista de Agbor.[4]. Debido ao seu bo rendemento escolar revibiu unha bolsa para completar os estudos secundarios en Nashville (Tennessee). Despois estudou no Southern Baptist Theological Seminary en Louisville (Kentucky) e en 1959 graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Virxinia en Richmond (Virxinia). En 1965 rematou un mestrado en Escritura e produción de dramaturxia na Universidade Católica de América en Washington, D.C.[1] Regresou a Nixeria en 1966, e converteuse en lectora no departamento de Artes Teatrais da Universidade de Ibadan (Estado de Oyo), onde se doutorou en Artes Teatrais (Teoría da Traxedia) en 1977.[4] Ensinou Drama na Universidade de Ilorin (Kwara), onde foi nomeada xefa do departamento de Artes Performativas.

Sofola foi cantante, bailarina e escritora prolífica. Escribiu e dirixiu numerosas obras para teatro e televisión, incluídas pezas propias, como King Emene. As súas obras "van desde a traxedia histórica até a comedia doméstica, e utilizan o escenario africano tradicional e moderno".[5] Usa "elementos de maxia, mitoloxía e ritos para entender os conflitos entre o tradicionalismo e o modernismo nos que a supremacía persiste"[6]. Está considerada unha das mulleres máis destacadas da literatura do seu país.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Deer Hunter and The Hunter's Pearl (1969)
  • The Disturbed Peace of Christmas (1971)
  • Wedlock of the Gods (1972)
  • The Operators (1973)
  • King Emene: Tragedy of a Rebellion (1974)
  • The Wizard of Law (1975)
  • The Sweet Trap (1977)
  • Old Wines Are Tasty (1981)
  • Memories in the Moonlight (1986)
  • Queen Omu-ako of Oligbo (1989)
  • Eclipso and the Fantasia (1990)
  • The Showers (1991)
  • Song of a Maiden: A Play (1992)
  • Lost Dreams and Other Plays (1992)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Biography". Zulu Sofola (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2019.  Arquivado 30 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  2. "Nigeria's female writers have arrived". Sun (en inglés). 25 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25-05-2007. Consultado o 12-08-2019. 
  3. Iyegbu,I.. "Nwazuluwa Onuekwuke Sofola". Issele-Uku (en inglés). Archived from the original on 30 de decembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Zulu Sofola". ZODML (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  5. Busby, M. (1992). Daughters of Africa: An International Anthology of Words and Writings by Women of African Descent. Londres: Jonathan Cape. p. 450. 
  6. Banham, M, Errol Hill e Woodyard, G. (eds) (1994). "Sofola, Zulu". The Cambridge Guide to African & Caribbean Theatre. Cambridge University Press. p. 82. 
  7. "Zulu Sofola". Africa Database. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 12 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligaźons externas[editar | editar a fonte]