Zeni Geva
| Zeni Geva | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Zeni Geva é unha banda xaponesa de noise rock composta polo cantante e guitarrista KK. Null e o batería Tatsuya Yoshida.[1] Formado en Tokyo in 1987, o nome do grupo podería traducirse aproximadamente como "violencia de cartos" ("Zeni" é un vello termo xaponés para referirse a cartos, e "Geva" vén do alemán "Gewalt," que significa "violencia").
A música de Zeni Geva pode ser diversa e experimental, incorporando elementos que van do death metal e o hardcore punk[2] ata o math rock, rock psicodélico, e noise rock.[3] A súa música adoita a ser tecnicamente pouco ortodoxa, e foi comparada co rock progresivo: o crítico Patrick Kennedy describe o seu álbum de 1993 Desire for Agony como se "Motörhead coñecese a King Crimson".[4]
O selo baseado en Chicago Skin Graft Records editou gran parte da música da banda en América do Norte, e o grupo publicou varios álbums a través do selo estadounidense Alternative Tentacles.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| How To Kill | 1987 | Nux Organization |
| Maximum Love and Fuck | 1989 | Nux Organization |
| Maximum Money Monster | 1990 | Pathological Records |
| Total Castration | 1991 | Public Bath |
| Desire for Agony | 1993 | Alternative Tentacles |
| Freedom Bondage | 1995 | Alternative Tentacles |
| 10,000 Light Years | 2001 | Neurot Recordings |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "KK NULL". KK NULL (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-22. Arquivado 21 de novembro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ "TrouserPress.com :: Zeni Geva". trouserpress.com. Consultado o 2019-11-22.
- ↑ "10,000 Light Years - Zeni Geva | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-22.
- ↑ "Desire for Agony - Zeni Geva | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-22.