Saltar ao contido

Skin Graft Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skin Graft Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1991
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.skingraftrecords.com
editar datos en Wikidata ]

Skin Graft Records (oficialmente escrito como SKiN GRAFT Records) é un selo discográfico independente especializado en no wave e noise rock, baseado orixinalmente en Chicago, Illinois. O selo é en gran parte responsable de enxendrar o xénero "now wave", unha versión actualizada do movemento no wave de finais dos 70 e principios dos 80.

No ano 1986, SKiN GRAFT foi creada por Mark Fischer e Rob Syers como unha editorial a pequena escala de cómics bizarros e fanzines. Entre os seus cómics estaban The Kidz e Cynicalmanson.

O primeiro disco do selo foi editado a finais do ano 1991. O fundador Mark Fischer dixo do selo no 2000, "Skin Graft é unha compañía de cómics que saca discos".[1] A mascota da discográfica é 'Hot Satan" un sinxelo diaño de debuxos animados, normalmente amosando cornos heavy.

Entre os artistas que gravaron co selo atópanse Dazzling Killmen, Koenjihyakkei, Brise-Glace (con Jim O'Rourke), Cheer-Accident, The Strangulated Beatoffs, Zeek Sheck, The Chinese Stars, The Flying Luttenbachers, Lake of Dracula, Gorge Trio, Colossamite, Shorty, U.S. Maple, ZZZZZ, Made In Mexico, Melt-Banana, Quintron, Flossie and the Unicorns, Yona-Kit, You Fantastic!, Ruins, Space Streakings, Zeni Geva, AIDS Wolf, Mount Shasta, Arab on Radar, Yowie, Athletic Automaton e PRE.

Mantendo as orixes do selo, moitos lanzamentos musicais de SKiN GRAFT (particularmente 7" e LPs) inclúen mini cómics como insertos. O selo tamén usou empaquetados pouco convencionais nalgúns dos seus lanzamentos. As primeiras copias en vinilo do disco de estrea de U.S. Maple foron empaquetadas en follas metálicas, e o EP sen título de 1988 de Colossamite viña con frisbees de 5 polgadas de varias cores.

Dende 1994 ata 1998, e en 2002, SKiN GRAFT comisionou os festivais OOPS(!) Fests, contando con moitas das súas bandas, xunto con espectáculos paralelos e varios estilos de arte improvisado.[2]

  1. "History of SKiN GRAFT...". www.skingraftrecords.com. Consultado o 2019-11-14. 
  2. "OOPS! (the shows): A History". www.skingraftrecords.com. Consultado o 2019-11-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]