Yoya Neira
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1975 A Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | política, avogada |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Eudoxia María Neira Fernández, alcumada Yoya,[1] nada na Coruña en 1975 é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogada en exercicio. Afiliouse ao PSdeG-PSOE en 1996[2], foi asesora do Concello da Coruña e após a renuncia de Mar Barcón á súa acta de concelleira, asumiu a concellaría de Transportes e Mobilidade en febreiro de 2009,[3] cargo que ocupou até 2011.
Desde entón ocupou as bancadas da oposición na corporación municipal tras ser elixida tanto nas eleccións municipais de 2011 coma nas de 2015. Dende decembro de 2018 foi a voceira do grupo socialista no Concello coruñés.
Pertenceu a distintos órganos de dirección do PSOE no ámbito local e autonómico.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casada e nai de tres fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "En los buses se mejorará lo que haya que mejorar". La Voz de Galicia. 17 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015.
- ↑ "Yoya Neira: «Si somos casta, nosotros somos casta de la calle»". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 2015.
- ↑ "Obdulia Taboadela sustituye a Mar Barcón como concejala de Urbanismo de A Coruña". 20 minutos. 2 de febreiro de 2009.