Julio Flores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Julio Antonio Flores Pérez, nado na Coruña en 1962, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro na oposición entre 2007 e 2011, chegou ao Goberno Municipal na Coruña como número 3 da lista do PPdeG após as eleccións municipais de 2011, nas que o seu partido acadaba a maioría absoluta.
Man dereita de Carlos Negreira, fóronlle encomendadas as tarefas de Primeiro Tenente de Alcalde, as áreas de Seguridade e Mobilidade e voceiro do grupo popular na Corporación Municipal. Froito desta última actividade viuse envolto en fortes polémicas cos líderes da oposición polo uso dunha linguaxe agresiva[1][2][3].
Non se presentou ás seguintes eleccións municipais de 2015 ao ser obxecto das investigacións xudiciais da Operación Pokemon,[4] se ben a causa se arquivou en 2023.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós con bronca". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de marzo de 2012.
- ↑ "Julio Flores tacha en el pleno de ´vago e inútil´ a César Santiso". La Opinión de A Coruña (en castelán). 5 de maio de 2014.
- ↑ "El pleno se convierte en un campo de tiro de descalificaciones entre políticos". Galiciaé. 11 de marzo de 2014. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ "El número dos de Negreira no irá en la lista del PP en A Coruña". La Voz de Galicia. 12 de abril de 2015.
- ↑ José Manuel Gutiérrez (29 de marzo de 2023). "Archivada una pieza de la ‘Pokemon’ que truncó la carrera política de Julio Flores y José Nogueira". La Opinión de A Coruña.