Yolanda Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yolanda Domínguez
Yolanda Domínguez.jpg
Nome completoYolanda Domínguez Rodríguez
Nacemento1977
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónartista
editar datos en Wikidata ]

Yolanda Domínguez Rodríguez, nada en Madrid en 1977, é unha artista visual, fotógrafa e activista española. As súas obras están conectadas co movemento "arte de acción" e desenvolve temas de conciencia e crítica social relacionados co xénero e o consumo. Por medio da ironía e a descontextualización como estratexias principais, crea situacións ou escenarios nos que se pode participar. Entre as súas obras máis coñecidas están Katy Salinas e Pido para un Chanel (2010), Poses (2011), Fashion Victims (2013), I’m not just a body e Registro (2014), Accesibles y Accesorias e Niños vs. Moda (2015), Total Correction e No tocar, no matar, no violar, este cuerpo es mío y de nadie más (2016).

Domínguez é tamén profesora na Escola de Fotografía EFTI de Madrid e analista social no dixital El Huffington Post onde escribe sobre a representación da muller.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e fixo o mestrado en Arte e Novas Tecnoloxías na Universidade Europea de Madrid e en Fotografía Contemporánea na Escola de Fotografía EFTI de Madrid. É profesora e titora do mestrado Concepto e Creación da Escola de Fotografía EFTI de Madrid e profesora no mestrado Experiencial en Dirección de Mercadotecnia para as industrias creativas en Madrid School of Mercadotecnia.

Tamén colabora semanalmente en El Huffington Post España onde escribe sobre a representación da muller nos medios.[1]

En 2018, durante a celebración da feira internacional de arte contemporánea ARCO, puxo de manifesto as cifras da desigualdade existente entre mulleres e homes no ámbito da arte.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Utiliza a ironía e a descontextualización como estratexias principais e defende a risa como elemento de liberación.[3] Centra a temática da súa obra con frecuencia en xénero e consumo. Sobre o mundo da moda considera que as persoas que teñen o poder de xerar unha imaxe deben ser responsábeis do que están a xerar[3].

Práctica a arte de acción, unha disciplina baseada no impacto e o desconcerto. Os seus primeiros traballos de arte e activismo social datan de 2008 momento no que decidiu abandonar o que considera "estatismo de museos e galerías".[4] Denuncia a manipulación á que os medios de comunicación (publicidade, televisión, cine, Internet) someten a poboación a través de impactos e estereotipos desde a infancia. “Recibimos de 3.000 a 5.000 impactos publicitarios ao día e é moi importante que aprendamos a filtrar para ver como construímos a nosa personalidade”,[5] Como reto nos seus traballos exponse desenvolver a capacidade que temos de crear un novo imaxinario que represente a realidade “ter unha dieta sa de imaxes”.[5]

En 2008 encheu as rúas de Madrid con carteis nos que unha muller se ofrecía a facer todo o que se espera da esposa tradicional a cambio dun status económico.

Katy Salinas e "Pido un Chanel" (2010)[editar | editar a fonte]

En 2010 crea o personaxe de Katy Salinas unha muller de 65 anos que a través dun blog encarna a obsesión pola beleza levada ao extremo para denunciar o excesivo culto á beleza ao que está sometida esta sociedade e, sobre todo, a muller.[6][7] Ola, son Katy Salinas, teño 65 anos pero non aparento máis de 25 grazas aos meus coidados diarios cos que conseguín permanecer nova e bela[8] Katy Salinas era unha muller divorciada e sen vida social que dedica toda a súa existencia a coidarse e consegue chegar á vellez cunha aparencia nova seguindo ao pé da letra todos os consellos para mulleres que aparecen nas revistas, en foros de beleza, blogs, páxinas de Internet, e mesmo tendo en conta as teimas das famosas.[6] O blog xerou máis de 18.000 visitas e máis de 1.000 comentarios.[9]

Tamén en 2010 a acción "Pido para un Chanel" aborda a adicción enfermiza ás compras dalgunhas mulleres motivada pola necesidade consumista dos países desenvolvidos. Nela unha actriz que representa a unha muller de clase alta, elegante e vestida con roupa e complementos de marca, pasea por unha das rúas máis luxosas de Madrid e detense ante o escaparate de Chanel onde ve algo que se quere comprar pero non ten diñeiro nese momento. Desesperada sofre un ataque de ansiedade e decide pórse a pedir aos viandantes, axudándose dun cartón no que escribe coa súa barra de labios: "PIDO PARA UN CHANEL".[10]

Poses (2011)[editar | editar a fonte]

"Poses", Yolanda Domínguez 2011

En 2011 con "Poses" realizou unha crítica ao absurdo e artificial do mundo do glamour e da moda que venden as revistas, en concreto á imaxe distorsionada que difunden da muller a través de modelos que non representan as mulleres reais e que obvian a todas aquelas que non están dentro dos seus restrinxidos parámetros. Nesta obra Domínguez contou co apoio das actrices May Serrano e Cary Rodríguez, e UP Teatro.[11]

A obra superou o millón de reproducións en YouTube e foi mundialmente difundida en televisión, radio e prensa e estivo varias semanas no top ten dos mellores vídeos de moda do mundo (Fashion Films).[12]

A partir da experiencia avanzou na posta en marcha de proxectos de participación colectiva.[3]

Moda sin tóxicos, Esclavas (2012)[editar | editar a fonte]

En 2012 colaborou con Greenpeace na campaña “Moda sin tóxicos” para denunciar o uso de substancias tóxicas nos procesos produtivos da marca Levi’s. Voluntarios de Greenpeace vestidos como camareiros repartiron 501 botellas con tea vaqueira no interior e coa mensaxe “Se tes vaqueiros para que queres auga”[13]

Tamén creou Esclavas, unha colección de pezas realizadas pola deseñadora Sara Ostos deseñadas para exhibir o corpo feminino realizadas con Burkas. Mentres que nalgunhas sociedades se obriga ás mulleres a ocultar os seus corpos, noutras espérase que o exhiban. Dúas realidades tecidas pola mesma tea: a submisión a unha mirada masculina e obxectificadora, que se torna aínda máis alarmante cando deixa de ser imposta para ser asumida como ideal.[14]

Poses n.º 5, #NadieDesechado e Fashion Victims (2013)[editar | editar a fonte]

En 2013 e tras a experiencia de Poses, organizou unha parodia das poses da Campaña primavera verán 2013 de Chanel, realizada por Karl Lagerfeld (autor de apreciacións polémicas acerca da xente “común”). Realizou un novo vídeo con xente común coa denuncia en distintas partes do mundo (Madrid, Barcelona, París, Quito): “Estamos aquí e non nos gustan os modelos absurdos que nos impoñedes, non nos identifican e non nos representan”.[15]

En xuño de 2013 creou Fashion Victims en protesta polas condicións de traballo que sofren no sector do téxtil -en abril derrubouse un edificio con fábricas de téxtil en Bangladesh no que morreron máis de 1000 persoas- sepultando a varias blogueiras baixo cascallos na Gran Vía de Madrid para lanzar un chamamento á produción e o consumo responsábeis.[16][17]

En novembro de 2013 sumouse á campaña de #NadieDesechado de Médicos do Mundo para denunciar as consecuencias dos recortes en sanidade na vida das persoas.[18]

Registro (2014)[editar | editar a fonte]

"Registro" Yolanda Domíngez 2014

En 2014 como acción de protesta ante a reforma da lei do aborto en España mobilizou mulleres de todo o Estado Español para acudiren aos Rexistros da Propiedade a solicitar a propiedade do seu corpo converténdose nun movemento nacional que conseguiu estenderse a outros estados.[19]

Accesibles y accesorias (2015)[editar | editar a fonte]

Como crítica ao anuncio de Multiópticas no que coa mensaxe "Ten a incríbel sensación de estrear todas as veces que queiras", un home entra nun establecemento de venda de lentes cheo de mulleres, Domínguez expón un anuncio alternativo: varios grupos de mulleres acudiron a centros desta marca vestidas como as modelos do anuncio e na mesma actitude. A súa acción xerou todo tipo de reaccións.[20]

Total Correction e No tocar, no matar, no violar ... (2016)[editar | editar a fonte]

En marzo de 2016 realizou para Art Madrid "Total Correction" comisariada por Margarita Aizpuru[21] coas actrices Esther Gimeno e Velilla Valbuena, unha performance para subverter a mensaxe de perfección emitida pola industria de beleza e cosmética.[22][23] En xullo tras a denuncia de agresións sexuais nas festas de Sanfermines lanzou a campaña No tocar, no matar, no violar, este cuerpo es mío y de nadie más.[24]

Tamén en 2016 inaugurou o proxecto "Mapas de acción" unha exposición individual no Centro Atlántico de Arte Moderna (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria na que incorporou a acción fotográfica participativa "Hot dog legs" na que convidaba a poboación de Gran Canaria a publicar nas redes sociais fotografías de recunchos e realidades desta Illa que non aparecen normalmente nas postais turísticas, mediante a técnica de "las piernas-salchica", que consiste en facer unha foto dunha paisaxe mentres se está tombado fronte a el coas pernas flexionadas.[25]

Hola soy tu machismo (2018)[editar | editar a fonte]

En novembro de 2018 Domínguez creou a campaña "Hola soy tu machismo" parodiando un histórico anuncio de compresas no que aparecía unha muller vestida de vermello e dicíalle a unha nena “Hola, tú no me conoces: soy tu menstruación”. Domínguez recreou o personaxe do machismo, un home vestido de marrón, que se presenta a outros homes dicindo “Hola, tú ya me conoces: soy tu machismo”. Ante este inesperado encontro a maioría nega coñecelo: “eu non son machista”, “iso é cousa do pasado”, “eu respecto as mulleres” son as respostas máis habituais.[26] A artista sinalou que o seu obxectivo é "lembrar que eliminando os nosos comportamentos machistas poderemos ter relacións máis sas connosco mesmos e cos demais".[27]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2010. Bolsa do Ministerio de Cultura para a Promoción da Arte Contemporáneo Española
  • 2013: Premios RAC, Nomeamento Mellor Artista revelación 2013
  • 2013: Bolsa Axudas á Creación Visual VEGAP
  • 2014: Mención Especial Premi Llibertat d’Expressió 2014 Uniu de Periodistes Valencians[28]

Exposicións[editar | editar a fonte]

Individuais[editar | editar a fonte]

  • 2012: “Preludios” Photoespaña Galería Rafael Pérez Hernando de Madrid (España)
  • 2012: “Esclavas” Galería Rafael Pérez Hernando de Madrid (España)
  • 2012: Galería Rojo Artspace de Milán, (Italia)
  • 2013: Museo Municipal Ramón Mª Aller, Pontevedra (España)
  • 2013: Galería Pilar Cubillo de Madrid (España)
  • 2014: Universidade New México Highlands, Novo México (EE.UU.)
  • 2014: “Galería” Twin Gallery, Madrid (España)
  • 2015: “Mapas de Acción” Galería Serendipia, Madrid (España)
  • 2016: “Mapas de Acción” CAAM, Las Palmas de Gran Canaria
  • 2016: “Total Correction” Acción para Art Madrid 2016

Colectivas[editar | editar a fonte]

  • 2008: Photoespaña 2008, EFTI, Madrid (España)
  • 2009: Allianza Francesa, Madrid (España)
  • 2010: Mulier Mulieris, Museo da Universidade de Alacant (España)
  • 2011: Festival Exist Live Art/Performance Art, Brisbane (Australia)
  • 2012: JustMad, Madrid (España)
  • 2012: Mulier Mulieris – Museo da Universidade de Alacant (España)
  • 2012: VIII Encontros Internacionais de Arte e Xénero, Madrid (España)
  • 2012: Festival de Cultura Contemporánea NOVA 2012 São Paulo (Brasil)
  • 2012: Festival de Cultura Contemporánea NOVA 2012 Barcelona (España)
  • 2012: Streitfeld Projektraum en Múnic (Alemaña)
  • 2013: Fundación Amelia Moreno, Toledo (España)
  • 2013: Galería Elga Wimmer en Nova York, (EE.UU.)
  • 2013: Affordable Art Fair. Galería Pilar Cubillo (México)
  • 2014: Galería KKOutlet Londres (Reino Unido)
  • 2014: “Mínimos” Galería Cero, Madrid (España)
  • 2014: Arte Open Views, Madrid (España)
  • 2014: “What if…and beyond” Open Systems Vienna (Austria)
  • 2014: Sarau Tropicaos de Río de Xaneiro, (Brasil)
  • 2014: “Turismo Efímero” Galería Addaya, Mallorca (España)
  • 2014: The Lycoming College Art Gallery, Pensilvania (EE.UU.)
  • 2014: Foreman Gallery Oneota, Nova York (EE.UU.)
  • 2014: Women’s Film Festival en Nova Orleans, (EE.UU.)
  • 2015: “Octavi Cameron. Contracte comú” Can Palauet, Barcelona (España)
  • 2015: “Mujeres en acción: Feminario Videoperformativo” AECID (Honduras, Bolivia, San Salvador, República Dominicana)
  • 2015: “Desmontando poderes y silencios” Concello de Fuenlabrada, Madrid
  • 2015: “Gymnastics of the Kitchen” Proposta de participación colectiva en Matadero, Madrid
  • 2016: “La Corteza del Alma” Galería Fernando Pradilla, Madrid
  • 2016: Forum Stadpark, Austria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yolanda Domínguez en el Huffington post". www.huffingtonpost.es. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. "La (ínfima) cifra de obras del Museo del Prado hechas por mujeres". El Huffington Post (en castelán). 6 de marzo de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Patrícia Soley-Beltrán (2016). "Terricoles: Yolanda Domínguez". Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  4. "Yolanda Domínguez: Arte y acción". revistacactus.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Universidad Autónoma de Madrid (29 de marzo de 2016). "La artista Yolanda Domínguez pone de manifiesto la desigualdad de género que fomentan los 'mass media'". www.uam.es. Consultado o 6 de enero de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Mujer de 65 aparenta 25". El Comercio (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  7. "Katy Salinas (2010)". El Comercio (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  8. "El Blog de Katy Salinas". Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  9. "Katy Salinas". Yolanda Domínguez. 27 de maio de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  10. "Pido para un Chanel". 4 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  11. "POSES". YOLANDA DOMÍNGUEZ. 4 de agosto de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  12. "Fashion Victim: Yolanda Dominguez | HUNGER TV". HUNGER TV (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  13. "Acción artística. Yolanda Domínguez para Greenpeace". Greenpeace España. 10 de decembro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  14. "Esclavas (2012)". www.yolandadominguez.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  15. "POSE Nº5". 4 de abril de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  16. "‘Fashion Victims’, mujeres cubiertas de escombros en la Gran Vía de Madrid". 20 Minutos. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  17. "El proyecto ‘Fashion Victims’ de Yolanda Domínguez, en la televisión pública holandesa | XTRart". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  18. "Médicos del Mundo y la artista Yolanda Domínguez se alían para denunciar las dificultades de acceso a la sanidad". Médicos del Mundo. 27 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  19. "Mi cuerpo es mío, por eso lo inscribo en el Registro de la Propiedad". eldiario.es. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  20. "Estrena gafas y mujeres todas las veces que quieras". eldiario.es. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  21. Casanueva, Eva (22 de febreiro de 2016). "Yolanda Domínguez para Art Madrid". EFTI | Centro Internacional de Fotografía y Cine (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  22. García, María Angles (16 de marzo de 2016). "Total Correction: una crema facial contra la tiranía de la belleza". Yorokobu. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  23. "Yolanda Domínguez tackles beauty industry put-downs, tells us we’re “fabulous”". It’s Nice That. 3 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  24. "Campaña viral: No tocar, no matar, no violar | Tribuna Feminista". Tribuna Feminista. 18 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  25. Palmas, La Provincia - Diario de Las. "El CAAM exhibe la exposición 'Mapas de acción' de Yolanda Domínguez". Diario La Provincia. Las Palmas. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  26. "Soy tu machismo #videofeminismo | Tribuna Feminista". Tribuna Feminista (en castelán). 20 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  27. ""Hola, soy tu machismo": el vídeo que interpela a los hombres para que reconozcan sus actitudes machistas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  28. "La Unió de Periodistas concede su Premio Llibertat d'Expressió 2014 a The Guardian". europapress.es (en castelán). 3 de maio de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]