Saltar ao contido

Xurxo Penalta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Penalta
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

Xurxo García Penalta, coñecido como Xurxo Penalta, nado na Coruña en 1976, é un pintor debuxante de banda deseñada galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou en diversos fanzines da área da Coruña nos anos noventa e licenciouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Posteriormente estudou no College of Art and Design de Minneapolis e precticou diversas disciplinas artísticas, en especial a pintura. Algunhas das súas obras pertencen a coleccións internacionais, como a Colección Afundación.

En 2006 regresa ao cómic ao participar en exposicións colectivas en Galicia e ao debuxar para a revista Barsowia. En 2008 comeza a traballar con editoriais estadounidenses como Marvel Comics ou Dark Horse. Para a Marvel debuxa nun recompilatorio unha historia do personaxe D-Man, con guión de Brian Patchett, mentres que para Dark Horse debuxou dúas historias da serie Fear Agent, baixo guión de Rick Remender[1], aínda inéditas.

  • Varios autores, Assitant Sized Marvel Spectacular, 2009, Marvel Comics.
  • Ryokan no Kettou, publicado por entregas na revista Barsowia (2008 - ).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]