Xoán Costa
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1956 (68 anos) Oroso, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filólogo, catedrático |
Xoán Xosé Costa Casas, nado en Oroso o 23 de febreiro de 1956, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983, no IES de Elviña (A Coruña) en 1984, e no IES Menéndez Pidal desa mesma cidade desde 1985 a 2016, ano en que abandonou, por xubilación, a súa actividade docente.
Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborador en publicacións periódicas galegas (A Nosa Terra, Terra e Tempo). Entre 2001 e 2020 foi presidente da AS-PG, cargo en que o sucedeu Patricia Varela. Foi o primeiro director, entre 1985 e 1987, da revista Agália. Colabora en Nós Diario e Sermos Galiza, do que tamén é presidente do Consello de Administración.[1] En Nós Diario ten varias seccións fixas, ocupándose da sección de pasatempos xunto con Xerardo Rodríguez Roca, e tamén da revista de pasatempos A formiga no carreiro, editada por Nós Diario. Tamén se ocupa dos refráns que aparecen cada día e da sección denominada Pretéritos.
Obra
[editar | editar a fonte]Obra colectiva
[editar | editar a fonte]- Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións.
- Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- O ensino da língua: Por un cámbio de rumo, 1995, AS-PG, en colaboración con Pilar García Negro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xoán Costa". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 24-12-2019. Consultado o 13-2-2020. Arquivado 24-12-2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Araújo, Joám Manuel (2001). "Joám José Costa Casas, primeiro director da Agália". Agália (65-66): 93–100.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A baloira dos días, páxina web do autor.
- Perfil do autor en Terra e Tempo Arquivado 26 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Perfil en Nós Diario