Xosé Veiga Roel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Veiga Roel
Nacemento9 de novembro de 1894
Lugar de nacementoBetanzos
Falecemento9 de febreiro de 1976
Lugar de falecementoBetanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante e fotógrafo
editar datos en Wikidata ]

Xosé Veiga Roel, nado en Betanzos o 9 de novembro de 1894 e finado no mesmo concello o 9 de febreiro de 1976, foi un debuxante e fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debuxante dende moi novo, fíxose famoso polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro da Irmandade da Fala de Betanzos, colaborou en Rexurdimento. Foi ilustrador de El Eco de las Mariñas e outras publicacións, revistas e programas de festas. Participou na Exposición de Arte Galego da Coruña (1923), na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago e en 1935 obtivo un diploma de honra na Exposición de Belas Artes de Ferrol. A principios dos anos cincuenta frecuentou o Café Español, onde se reunía a Peña Fotográfica da Coruña e descubriu a fotografía. Instalou un laboratorio na súa casa e dedicoudose a esta práctica. Fixo fotografía documental e colaborou en Vida Gallega e Galicia. Revista Anual de Turismo. En 1957 expuxo nos salóns do Club Imperio da Coruña e en 1965 na Casa de Galicia de Madrid.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado fillo predilecto de Betanzos en 1980.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Sánchez Sánchez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-6-1980, p. 32

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]