El Eco de las Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco de las Mariñas foi unha revista editada en Betanzos en 1956.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista quincenal de la ciudad de Betanzos de los Caballeros, apareceu o 13 de febreiro de 1956. Publicación quincenal dirixida por Antonio Concheiro Caamaño. Publicou noticias e comentarios da vida local e comarcal, do acontecer dos mariñeiros de Betanzos e novas doutros concellos a través dos seus correspondentes. Tiña seccións fixas como "Páginas comarcales", "De sociedad", "Sección agrícola" e "Página brigantina" publicando temas de actualidade, seccións médicas, xurídicas, deportivas, veterinarias, literarias e retrospectivas. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Baldomero Cores Trasmonte, Mariano Tudela, Francisco Vales Villamarín, Ramón Piñeiro, Xosé Luís Franco Grande, José Veiga Roel, Manuel Loureda, X. L. Muñoz, Xulio Cuns e Marcelino Álvarez. A falta de apoio económico e o incremento dos custos editoriais determinaron o cesamento da revista co número 18, o 1 de novembro dese mesmo ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.