Saltar ao contido

Rexurdimento (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rexurdimento
Imaxe
 Título
Rexurdimento Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
1 de agosto de 1922 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
xullo de 1923 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1 de agosto de 1922 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Wikidata

Rexurdimento foi unha revista editada en Betanzos entre 1922 e 1923.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Boletín quincenal. Órgao dos intereses mariñáns, apareceu o 1 de agosto de 1922. Estaba dirixida por Salvador Mosteiro Pena e relacionada coa Irmandade Nazonalista Galega. Incluíu temas sociopolíticos, crítica literaria e unha sección de noticias de Portugal e Irlanda. Tamén aparecían recensións e colaboracións literarias de nacionalistas betanceiros. A revista expón as ideas reintegracionistas de Mosteiro. Interrompeu a edición o 16 de outubro de 1922 polo traslado do seu director a Madrid, e reapareceu en xaneiro de 1923 como órgano oficial da Irmandade Nazonalista Galega (cambiou o subtitulo a Ógao da I.N.G.) controlada por Vicente Risco desde Ourense. Entre os seus colaboradores figuraron José Veiga Roel, Luís Cortiñas Díaz, Tomás López da Torre, M. F. Barreiro, Carlos Peña, Manoel Roel, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte, Leandro Carré, Víctor Casas e Xaime Quintanilla. Cesou a súa publicación en xullo de 1923.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]