Xosé Tobío Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Tobío Mayo
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Esteiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte1971 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Esteiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Tobío Mayo, nado en Esteiro (Muros) o 8 de xaneiro de 1891 e finado na mesma parroquia en 1971, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Esteiro, estudou no Seminario de Santiago de Compostela. Foi mestre do Freixo de Sabardes e dende xaneiro de 1929 da escola do Pósito de Esteiro. Participou na política local como membro da ORGA. En 1936 foi nomeado concelleiro de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Fuxiu por mar a Bilbao o 26 de xullo de 1936 nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa e foi mestre no grupo escolar Goya de Madrid. Posteriormente foi trasladado a Barcelona e nomeado de forma provisoria mestre da escola de nenos de Castellar del Vallès, e máis adiante das escolas de Peralada e La Selva de Mar (Girona). Coa derrota da República pasou por un campo de concentración en Francia e conseguiu marchar a Venezuela, a onde arribou o 22 de novembro de 1939, para exiliarse definitivamente en Buenos Aires. Conseguiu traballo de contable nun estaleiro. En Buenos Aires fundou xunto con Manuel García Gerpe e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que aparecía no xornal Sábado. En 1941 publicou o poemario Espiñas na editorial Celta. Retornou á Galicia gobernada polo franquismo en 1947. Deu clases particulares na súa casa da Grais. En 1949 solicitou a revisión do seu expediente de depuración. Tras conseguir a súa reincorporación, exerceu de novo o maxisterio na parroquia de San Xosé de Ribarteme (As Neves), entre os anos 1957 e 1960.[1] Despois pasou á escola de Esteiro, onde foi compañeiro de Víctor Campio Pereira.

Obra[editar | editar a fonte]

É autor dunha única obra publicada, Espiñas (1941) escrita baixo o influxo da guerra civil española. As súas composicións están marcadas pola saudade da terra.

En 2009 a Editorial Galaxia publicou O frade das dúas almas, unha novela de Xosé Tobío que ía ser editada por Ánxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Outeiriño (2011), Revista A Trabe de Ouro, nº 85, páxs. 79-80

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]