Manuel García Gerpe
Manuel García Gerpe | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1908 |
Ordes | |
Falecemento | 4 de xullo de 1949 |
Buenos Aires | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel García Gerpe, nado en Ordes o 29 de abril de 1908 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1949, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Participou activamente na política universitaria. Licenciado en Dereito e militante de Izquierda Republicana, foi o líder ideolóxico da Segunda República en Ordes, especialmente durante o goberno municipal da Fronte Popular (entre febreiro e xullo do 1936). Membro das Milicias Populares que defenderon Madrid das tropas franquistas, foi oficial do exército leal á República. Coa derrota das forzas republicanas fuxiu a Francia onde estivo internado en varios campos de concentración. Fuxiu dun deles e chegou a París. Exiliouse na República Dominicana e foi reclamado pola Unión del Partido Judicial de Órdenes de Buenos Aires que o levou á Arxentina. En Buenos Aires seguiu loitando contra a ditadura franquista até a súa morte. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político no exilio, onde fundou El Republicano Gallego e editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado[1]. Partidario dunha liña de apoio decidido á guerrilla galega e á oposición antifranquista organizada en Francia, liderou o Centro Republicano Federal Gallego que esgazou da Federación de Sociedades Gallegas logo dun período de conflitividade interna entre 1948 e 1949[2].
Obras[editar | editar a fonte]
- Política social, 1934.
- Alambradas: Mis nueve meses por los campos de concentración de Francia. Buenos Aires: Celta, 1941.
- De la República Española a la Unión Soviética".
- La configuración constitucional de la postguerra. Buenos Aires: Tato, 1944.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Manuel García Gerpe. Historia dun exilio. Ordes: A. C. Obradoiro da Historia. 1999.
- Núñez Seixas, Xosé M. "Itinerarios do desterro: sobre a especificidade do exilio galego de 1936" en O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios.