Saltar ao contido

San Xosé de Ribarteme, As Neves

San Xosé de Ribarteme
Panorámica do val de Ribarteme.
ConcelloAs Neves[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′52″N 8°23′47″O / 42.114337959133, -8.3964415141391
Poboación238 hab. (2017)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.

No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.

Romarías

[editar | editar a fonte]

Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo [2] e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Xosé de Ribarteme

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello das Neves (Pontevedra)

O Areal | Babareira | Bocas | Casal da Vila | A Cernada | A Cortegosa | O Cotiño | O Coto de Lobos | O Coto | Currás | A Estrema | A Muradella | O Outeiro | As Pedriñas | A Portela | Quinteiro | Rodeiro | Rubial | Sancharredonda | Zafal

Parroquias das Neves

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias das Neves

Batalláns (Santa Eulalia) | Cerdeira (San Xoán) | Liñares (Santa María) | As Neves (Santa María) | Rubiós (San Xoán) | San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán) | San Pedro de Batalláns (San Pedro) | San Xosé de Ribarteme (San Xosé) | Santiago de Ribarteme (Santiago) | Setados (Santa Euxenia) | Taboexa (Santa María) | Tortoreos (Santiago) | Vide (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]