Saltar ao contido

José Ramón Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Ramón Villar»)
Modelo:BiografíaJosé Ramón Villar
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1842962 Editar o valor en Wikidata

José Ramón Gutiérrez Villar, nado o 28 de febreiro de 1974 en Ferrol, é un modelo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criado na Coruña, comezou a traballar de modelo no ámbito galego ata que se presenta como representante da provincia da Coruña á primeira edición do concurso de beleza Míster España, en 1996. O certame celebrouse na vila levantina de Santa Pola, e nel obtivo a vitoria.

Despois do concurso proseguiu a súa carreira no mundo da moda e da televisión, como presentador secundario de programas de variedades como Noche de fiesta (TVE), Humor se escribe con hache (TVE), Verano noche (Antena 3) etc. Tamén participou como concursante no reality La selva de los famosos e en distintos parladoiros e concursos de diversas cadeas, entre elas a Televisión de Galicia: Tequelexou, Supermartes, ou As tardes de Ana.

Tamén ten traballado ocasionalmente no teatro, como actor en series de televisión, ou como contertulio en programas de radio.


Predecesor:
non houbo
 Míster España 
1996
Sucesor:
Enrique Miranda