Xosé Miguel Suárez Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1965 Mántaras |
| Educación | Universidade de Oviedo |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, tradutor |
Xosé Miguel Suárez Fernández, nado en Mántaras (Tapia de Casarego) en 1965, é un escritor en galego-asturiano, tradutor ao asturiano e estudoso da cultura asturiana. Tamén é coñecido polo alcume Tapia, que lle vén do nome do seu concello.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio, e licenciado en Historia e en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Oviedo. Ten publicados artigos sobre cuestións de etnografía, toponimia, dialectoloxía e literatura.
No ano 1989 gañou o premio ao mellor traballo de recollida oral de léxico da Academia de la Llingua Asturiana. Contribúe en numerosas revistas, como Lletres Asturianes, Erada, Lliteratura e Entrambasauguas.
Participa activamente no movemento de defensa dos dereitos lingüísticos dende a Asociación Cultural Xeira ou a Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Bidureiras d'Inverno (1990)
- Nas arribadas (1994)
- Augua mansa (2009) [1]
Traducións ao galego de Asturias
[editar | editar a fonte]- A bruxa (2007) de La Guaxa de Miguel Solís Santos
- Bruxas ruías, búas bruxas (2011) de Bruxes males, bones bruxes de Francisco Pimiango
- As bruxas 2. Paquín vai á escola (2012) de Les bruxes 2. Paquín va a escuela de Francisco Pimiango
Traducións ao asturiano
[editar | editar a fonte]- Xuguetes pa un tiempu prohibíu de Carlos Casares (1993)
- Suaños elléctricos de Moncho Caride (1993),
- Talegu de Xosé Ballesteros (1996),
- Les flores radiactives de Agustín Fernández Paz (1996)
- Una selmana fuera del calendariu, de Carmen Ruiz-Tilve. (1998)
Investigación
[editar | editar a fonte]- Conceyu de Tapia: parroquia de Campos y Salave (1994)
- Vocabulario de Mántaras (1996)
- El tío Pepe (2000; sobre as colaboracións de Alejandro Sela na prensa do Occidente)
- El Trato (Francisco F. Arias Campoamor) (2005)
- ¡Xa chegan Os Quirotelvos! (2006)
- Unde letras falan (2006)
Notas
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
