Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"La Pita", mascota da organización, nunha protesta.

A Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana é unha organización asturiana que procura a oficialidade do asturiano e promove o seu uso e ensinanza.

Esta asociación creouse en 1984 e dende aquela vén realizando periodicamente diversas actividades para implicar á sociedade asturiana na defensa do idioma, como son as convocatorias de manifestacións, a publicación de discos ou libretos en asturiano ou diversas campañas como a da Pita, unha persoa disfrazada de galiña que acode aos actos públicos. Todos os anos celebra o conciertu pola oficialidá (concerto pola oficialidade).

Ten unha sección xuvenil denominada Xunta Moza.

A Xunta é a promotora do Conceyu Abiertu pola Oficialidá (CAO), unha plataforma creada en vistas á reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias e que agrupa a un gran número de asociacións asturianas en defensa da oficialidade da lingua.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]