Xosé Luís García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Luis García García")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Luís García
Nacemento26 de setembro de 1953
 Os Ánxeles
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e funcionario
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís García García,[1] nado nos Ánxeles (Brión) o 26 de setembro de 1953, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes, pasou parte da súa infancia na emigración. É funcionario do Servizo Galego de Saúde en excedencia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a "Candidatura Galega Independente" á alcaldía de Brión e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas elección pola mesma candidatura, sempre con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE como independente e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu repetir o resultado. Foi fundador e presidente da Federación Galega de Concellos Rurais. Foi elixido deputado provincial en 2007.

Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser escollido alcalde.[2]. En setembro de 2020 anunciou a súa renuncia á alcaldía e o abandono da vida política por razóns familiares.


Predecesor:
-
 Brión.svg
Alcalde de Brión
 
1979 - 2020
Sucesor:
pendente de escoller

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]