Xosé Espín Mejía
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1955 (68 anos) As Nogais, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Xosé Espín Mejía, nado en Doncos (As Nogais) o 4 de xullo de 1955, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou formación profesional pola rama de electrónica e traballou na mina de Exminesa, onde foi sindicalista da CIG. Logo do peche da explotación mineira, montou unha tenda de electrodomésticos en Becerreá. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde das Nogais polo BN-PG. Nas municipais de 1983 presentouse polo PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde. En 2003 incorporouse de novo ao BNG e foi elixido concelleiro das Nogais en todas as lexislaturas.
Predecesor: María Angeles Salgueiro Corujo |
Alcalde das Nogais 1979 - 1987 |
Sucesor: José Luis Coedo |