Xosé Carlos Valcárcel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1963 O Pereiro de Aguiar |
| 2015 – ← José Manuel Freire Couto | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
Xosé Carlos Valcárcel Doval, nado no Pereiro de Aguiar en 1963, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Barbadás e foi elixido concelleiro. Repetiu como candidato nas municipais de 2011 e volveu ser elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser o candidato do PSdeG e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BNG e CxG,[1] gobernando en coalición cos edís do BNG.[2] Gañou as municipais de 2019 e volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista máis votado, gobernando en minoría. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido alcalde ó ser a lista máis votada,[3] establecendo posteriormente un pacto de goberno co único concelleiro de Democracia Ourensana. En decembro de 2025 foi denunciado por acoso laboral por unha militante do PSdeG-PSOE.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miguel Ascón (13 de xuño de 2015). "El nuevo alcalde de Barbadás promete que desterrará las «políticas clientelares»". La Voz de Galicia.
- ↑ Xosé Manoel Rodríguez (27 de setembro de 2015). "«A especulación do PP deixounos sen terreo para infraestruturas básicas»". La Voz de Galicia.
- ↑ Redacción (17 de xuño de 2024). "Xosé Carlos Valcárcel (PSOE) gobernará Barbadás en minoría". La Región (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2024.
- ↑ Redacción (16 de decembro de 2025). "Unha militante do PSdeG denuncia por acoso laboral o alcalde socialista de Barbadás a través da canle interna". Nós Diario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José Manuel Freire Couto |
Alcalde de Barbadás 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |