Saltar ao contido

Xosé Cribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Alexandre Cribeiro»)
Modelo:BiografíaXosé Cribeiro
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1235247 BUSC: cribeiro-xose-alexandre-1936-1995

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1936 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1995, foi un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa da rúa Xosé Alexandre Cribeiro en Cangas.
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Fillo dos mestres Pío Cribeiro González e Regina Rodríguez Bares, o pai fixo de bibliotecario no local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra e sufriu represalias aínda que non chegou estar no cárcere (foi suspendido de emprego e soldo varios anos). A familia trasladouse ao Morrazo e Xosé fixo o bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 trasladouse a Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou na prensa e foi activo militante do PCE. No ano 1962 casou con Concepción de Unamuno Adarraga, neta do escritor e filósofo vasco Miguel de Unamuno. Traballou en TVE e foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia, cargo do que dimitiu a consecuencia da polémica xerada arredor da retransmisión do enterro de Castelao en 1984.[1]

  1. Cribeiro, Xosé Alexandre (2004). "Introducción". Indo para máis perto - A señardade no puño (Edición de Miro Villar). Xerais. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 10 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]