Amenofis III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amenofis III
Nacemento1400 a. C.
Lugar de nacementoExipto
Falecementoc. 1351 a. C.
Lugar de falecementoMalkata
SoterradoVal dos Reis
NacionalidadeAntigo Exipto
Ocupaciónmonarca e arquitecto
NaiMutemuia
CónxuxeTiy, Sitamón, Gilukhipa, Iset, Tadukhipa e sen etiquetar
FillosDama Jovem, Sitamón, Iset, Thutmose, Henuttaneb, Nebetah, Akhenatón, Beketaten, Kiya e Semenkhkare
Na rede
Find a Grave: 7718887 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Busto de Amenhotep III no museo exipcio de Berlín

Nebmaatra Amenhotep[1], Amenhotep III[2] ou Amenofis III[3] foi un importante faraón da dinastía XVIII de Exipto que gobernou de c. 1390 a 1353 a.C.[4]

Tamén é coñecido como Imenhotep III, Amenophis III, Memnon e outros nomes helenizados[5]. A transcrición dos xeroglíficos dos seus títulos é Neb-Maat-Ra Amen-Hotep, o seu nome de Trono e o de nacemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amenofis III sucedeu ao seu pai, Thutmose IV. Xunto coa raíña Tiy tivo ao seu fillo, Akhenatón, que lle sucedeu no trono. Parece ser que Amenofis foi coroado sendo aínda un neno, probablemente a unha idade entre os seis e os doce anos. Foi debidamente rexido na súa infancia pola súa nai, a raíña Mutemuia, e por un consello de rexencia.

Reinado[editar | editar a fonte]

O reinado de Amenofis III pode cualificarse como o máis próspero de toda a historia de Exipto, pois foi inmediatamente logo das gloriosas campañas asiáticas de Thutmose III e de Amenofis II e xusto antes da crise de Amarna, que tivo como protagonista ao seu fillo Amenofis IV, o futuro Akhenatón.

Amenofis morreu o ano 39º do seu reinado e foi enterrado na tumba KV22 do Val dos Reis. A súa momia atopouse en pésimo estado de conservación preto da tumba do seu avó Amenofis II, xa que os sacerdotes da dinastía XX a trasladaron alí para protexela de saqueos e actos de vandalismo. Xunto a el había outros grandes reis e ata suponse que a momia de Tiy.

Sempre se falou da posibilidade dunha correxencia entre Amenofis III e Amenofis IV, e déronse prazos duns dous, nove ou ata doce anos, se é que tal situación chegou a existir. Grazas ás cartas de Amarna, en especial a unha recibida por Suppiluliuma, o rei hitita, que felicita cortesmente a Akhenatón pola súa subida ao trono, parece ser que a correxencia entre pai e fillo tivo que ser de dous anos como máximo.

Política exterior[editar | editar a fonte]

A estabilidade lograda polas conquistas dos seus predecesores trouxo unha época de prosperidade, debido aos tributos pagados polos pobos vencidos. Exipto era, indiscutiblemente, a gran potencia da zona. A paz favorecía o comercio, fonte adicional de riqueza.

  • Levante era zona de influencia exipcia, e mantíñanse alianzas con Mitanni e Babilonia.
  • Nun ronsel infórmase da campaña contra Ibhet en Kush o ano quinto do seu reinado. Afirmou a soberanía de Exipto levantando numerosos templos en todo o territorio nubio.

Política interior[editar | editar a fonte]

Apoiouse en dous conselleiros: o visir do Alto Exipto, Ramose e o arquitecto Amenofis, fillo de Hapu, coa poderosa influencia da primeira Grande Esposa Real, Tiy. O problema interno creábano os sacerdotes de Amón, que debido ás doazóns de Tutmosis III volvéronse tan poderosos que ameazaban ao propio faraón. Tutmosis IV intentara frear ao clero potenciando o culto ao disco solar, Atón, que figura na súa tumba. Amenofis III continuou con esta fuxida diplomática, afastouse de Tebas construíndo un palacio en Malkata, na ribeira occidental, e outro en O-Fayum. Mortos os seus conselleiros e ao subir como correxente o seu fillo, este empezou a verdadeira guerra política contra os amonianos, apoiado pola raíña Tiy.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Estatua de Amenhotep III e o deus Sobek, procedente do templo de Sobek, en Dahamshaen. Museo de Luxor

Da infinidade de mulleres que tivo o faraón, só tres ascenderon ao rango de esposa real: a súa posible curmá Tiy, unha muller con grande enerxía e unha auténtica gobernante na sombra; a princesa real Giluhepa de Mitanni, que foi o símbolo da alianza entre ambos os países; e a primoxénita de Amenofis III e Tiy, a dama Sitamón, coa que cometeu incesto nos últimos anos de reinado. Este caso é puntual, pero non é o único na historia de Exipto. O vello faraón casaría con outras dúas fillas súas, ás que non ascendeu ao rango de grande esposa real. Outra esposa ben coñecida, e que tampouco foi grande esposa real, sería outra princesa mitannia, Taduhepa, sobriña de Giluhepa e identificada por algúns como a propia Nefertiti.

  • Fillos nacidos de Tiy.
    • Sitamón. A primoxénita, que máis tarde casaría co seu propio pai a finais do ano 30º con motivo do seu xubileu.
    • Akhenatón. Chamado orixinalmente Amenofis, acabaría por sucederlle no trono e romper totalmente con todos os seus antecesores, rexeitando a Amón e establecendo un culto case monoteísta ao disco solar, Atón.
    • Henuttaneb e Isis. Outras princesas, que tamén casarían co seu pai no segundo e terceiro xubileu, respectivamente, co rango de esposas secundarias.
    • Nebetta e Baketatón. Quizais planease casar con elas en seguintes xubileus; sexa como for, as súas pegadas desaparecen, e o único que sabemos é que Baketatón permaneceu en Tebas con Tiy ata a súa morte.
  • Fillos nacidos de Giluhepa.
    • ¿Thutmose? O fillo home maior do rei non era fillo de Tiy, pois de ser así non tomaría o nome de Thutmose. Aínda así, non se sabe con exactitude que nacese da primeira princesa mitannia.
  • Fillos nacidos de Sitamón.
    • ¿Semenejkara? Non sabemos nada deste personaxe, nin sequera se chegou a existir ou era Nefertiti cun nome masculino. Se foi un home emparentado con Akhenatón, é posible que fose sobriño seu.
    • ¿Tutankhamon? Hai dúas serias parellas candidatas a ser os pais do famoso rei-neno: Amenofis III e Sitamón ou ben Akhenatón e Kiya, a súa esposa secundaria. No caso de que a correxencia de Amenofis III e Akhenatón só fose de dous anos (tendencia que se adoita seguir agora), é materialmente imposible que Tutankhamon fose fillo de Amenofis III.

Construcións máis importantes[editar | editar a fonte]

Coloso de Memnón

O período do seu reinado coincidiu cunha época de paz, prosperidade e esplendor artístico. Realizou numerosas construcións no templo de Amón en Karnak, incluíndo polo menos un pilono, unha columnata a continuación da nova entrada e un templo dedicado á deusa Maat. Tamén supervisou a construción dun novo templo en Tebas, unha monumental e belísima edificación que aínda pode admirarse. Crese que no undécimo ano do seu reinado empezou un xigantesco palacio no lugar coñecido hoxe en día como Malkata, na ribeira occidental, como agasallo á súa esposa Tiy.

O seu templo funerario, situado na beira occidental do río Nilo, foi no seu tempo o maior complexo relixioso de Tebas. Desgraciadamente construíuno nunha zona que sofre continuas inundacións; por iso, douscentos anos máis tarde, o templo xa estaba en ruínas. Os Colosos de Memnón, dúas estatuas de 18 metros de altura, que estaban situadas á entrada do complexo, son o único resto que aínda segue en pé daquel fabuloso complexo.

Non só se contentou con adornar Tebas, senón que fixo ampliacións noutras cidades sacras como Menfis e Heliópolis. Chegou a construír templos en Nubia, como o de Soleb, cousa ata entón inaudita e que despois repetiría en varias ocasións Ramsés II, o único rei que superaría a Amenofis III en actividade construtora. A grande actividade construtora do seu reinado foi tamén grazas ao incesante labor do home forte do seu reinado, Amenofis, fillo de Hapu, un ancián devoto de Amón que foi a gran presenza ata aproximadamente o ano 30º. Foi tal valía a deste home que chegou a ser recompensado cun pequeno templo funerario próximo ao de Amenofis III, un privilexio só digno dos reis.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 1402 a.C.: Ascenso ao trono, posiblemente con doce anos de idade.
  • 1397 a.C.: Expedición vitoriosa a Kush (Nubia).
  • 1371 a.C.: Morte do arquitecto real, Amenofis fillo de Hapu, deseñador do templo de Amón en Luxor. As súas normas arquitectónicas permanecerán ata a época tolemaica.
  • 1370 a.C.: Complétase o templo de Amón.
  • 1364 a.C.: O seu fillo Amenofis IV (Akhenatón) é asociado ao trono como correxente.
  • 1363 a.C.: Morte de Amenofis.

Titulatura[editar | editar a fonte]

E2
D40
N28mC10

(Kanajt jaemmaat)

Touro potente, de quen xorde a Xustiza (Maat)

smn
n
E1
Ou4
p
G43E1
Z2
sW11
r
V28D36
N17
N17

(Semenhepu segerhtauy)

Quen sustenta a lei e dá tranquilidade ás Dúas Terras (Exipto)

Ou29
D36
F23
V28A24S22t
t
G21 Z3

(Aajepeshjusedyu)

Quen vence aos asiáticos co seu gran poder

N5C10nb

(Nebmaatra)

Ra, Señor da Xustiza (Maat)

imn
n
R4S38R19

(Amenhotep heqauaset)

Amón está satisfeito, Gobernante de Uaset (Tebas)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nebmaatra Amenhotep é a transcrición do seu nome de trono e de nacemento, segundo as convencións académicas.
  2. Amenhotep III é a transcrición do seu nome de nacemento, máis o número ordinal, moi utilizado en textos académicos.
  3. Amenofis III é o nome común máis utilizado en textos xeralistas. Amenofis é o nome helenizado do faraón que aparece nos epítomes de Manetón:
    Amenofis (Flavio Xosefo, Contra Apión)
    Amenofis (Flavio Xosefo, de Teófilo)
    Amenofis, chamado Memnón (Xullo Africano, versión de Sincelo)
    Amenofis (Eusebio de Cesarea, versión de Sincelo)
    Amenofis (Eusebio de Cesarea, versión armenia)
  4. Cronoloxía segundo Grimal, Shaw, Krauss, Murnane, Arnold e Málek.
  5. Outras grafías do seu nome: Amenhotp, Amenhotpe, Amenophis, Atendyehen, Atondyehen, Imenhotep, Khaemmaat, Memmon, Memnon, Nebmaetra, Nebmaetre, Nebmara, Nebmare, Nubmaatra, Nubmaatre, Sekhemfau, Titrakhentitaui, Uahrenputsakhebu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fletcher, Joan (2001). O Rei Sol de Exipto: Amenhotep III. Folio. ISBN 84-413-2141-8. 
  • Dodson, Aidan e Hilton, Dyan (2005). As familias reais do Antigo Exipto. Oberon, Madrid. ISBN 84-96052-51-6. 
Predecesor:

Tutmosis IV

Faraón

Dinastía XVIII

Sucesor:

Akhenatón (Amenofis IV)