Xoaquín de Arévalo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoaquín de Arévalo Rodríguez

Retrato en Vida Gallega, 1928.
Biografía
Nacemento1882
Ferrol
Morte1939
Ferrol
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 150022

Xoaquín de Arévalo Rodríguez, nado en Ferrol en 1882 e finado ibídem en xaneiro de 1939, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín de Arévalo Otero. O seu traballo xornalístico repartiuse entre Galicia e América. Fundou os semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco e colaborou asiduamente con El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Tamén aparecen artigos seus en Ilustración Gallega e en Revista Gallega.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un viaje por Ferrol (obra teatral, 1901).
  • Sorpresa amorosa, Ferrol (1902, en castelán).
  • Misterios del lupanar. Novela mísero-social (1905) onde se describe como discípulo de Eduardo López Bago e Eduardo Zamacois, figuras do naturalismo radical.
  • El Santiño. Novela eclesiástica, Madrid (1911, en castelán).
  • El hombre-Galicia. Poesía, música, pintura, cantos, declamación, arte de nuestra tierra, Ferrol (1912).
  • A carta do quintorro (poema en galego).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na Revista Gallega asina como "Joaquín de Arévalo (hijo)" Ferrol, 1901 Arquivado 09 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]