Diario Ferrolano
Diario Ferrolano | |
---|---|
Localidade | Ferrol |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Diario Ferrolano foi un xornal editado en Ferrol entre 1903 e 1916.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu en marzo de 1903.[1] Propiedade de Francisco Barcón de Quevedo, quen fundou o periódico, estivo dirixido por Adolfo Lahorra até setembro de 1906,[2] Wenceslao Fernández Flórez de decembro dese ano[3] até abril de 1911, Narciso de Castro a partir desa data,[4] Eladio Fernández Diéguez dende setembro de 1912,[5] e a partir de 1915 Pedro Fraga Porto. Entre os seus redactores figuraron Manuel Barbeito Herrera, Luis Mesía, Ildefonso Barcón, Manuel García Cortés e Santiago de la Iglesia Santos. Cesou a súa publicación o 8 de agosto de 1916.[6]