Xoán Manuel Tubío Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Manuel Tubío Fernández
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Outeiro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlutier Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAsociación de gaiteiros galegos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xoán Manuel Tubío Fernández, coñecido como Xaneco, nado en Outeiro de Rei o 8 de agosto de 1967, é un luthier de instrumentos musicais galegos. Desde o ano 2015 ocupa a presidencia da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro, aprendeu desde moi cativo as técnicas e o manexo das ferramentas para traballar a madeira. A idade de 15 anos entrou en contacto coa música tradicional galega na Asociación cultural de Outeiro de Rei, onde comezou como percusionista. Nos anos noventa fabricou o seu primeiro tambor, continuando desde aquela a fabricación de instrumentos tradicionais. O aumento na súa listaxe de encomendas fixo que abrise o seu propio obradoiro en San Fiz de Paz no ano 1996: Xaneco, obradoiro de instrumentos musicais.[1]

No ano 1995 entrou en contacto coa zanfona, grazas a un curso organizado pola AGG, comezando a interesares e acumular información arredor do instrumento. Posteriormente realizou un curso no obradoiro-escola de instrumentos galegos da deputación de Lugo e, coa axuda do luthier de Sarria Xermán Arias, fabricou a súa primeira zanfona, sendo actualmente un dos poucos luthiers que as fabrican en Galiza. Un destes instrumentos, a "zanfona carneifona", valeulle o primeiro premio no X Certame de Artesanía Antón Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña.[2]

Como músico participou en diferentes grupos como Aloia ou Caldaloba,[3] sendo na actualidade membro dos Minhotos.[4]

Desde o ano 2015 é presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Obradoiro - Xaneco". xaneco.gal. Consultado o 2022-04-28. 
  2. "A “Zanfona CarneiFona” válelle a Xaneco Tubío o premio Antón Fraguas". Nós Diario. 2014-06-28. Consultado o 2022-04-28. 
  3. "Xaneco Tubío". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2022-04-28. 
  4. Os Minhotos. Canle dos Minhotos (Youtube). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]