Xoán Manuel Ramos Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Manuel Ramos Rodríguez
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Antes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mazaricos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , técnico em eletrônica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
Compromiso por Galicia Editar o valor em Wikidata

Xoán Manuel Ramos Rodríguez, nado en San Cosme de Antes (Mazaricos) o 13 de decembro de 1958, é un político galego do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Mestría Industrial na rama de electrónica, cursou Enxeñaría de Telecomunicacións[1]. Empregado de Telefónica e membro de Grille Sociedade Cooperativa Galega, da cal foi presidente[2]. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do BNG en Mazaricos e foi elixido alcalde, pese a lograr tan só un concelleiro, ó recibilo apoio do PPdeG e PSdeG para desbancar ó ata entón alcalde Manuel Maneiro Grille, que encabezaba a Converxencia Nacionalista Galega, pasando a conformar un goberno de coalición con populares e socialistas[3]. En xaneiro de 1992 foi presentada unha moción de censura encabezada por un edil popular que contaba co apoio de 4 edís da CNG e outro edil do PPdeG[4], porén o outro edil popular retirou o apoio ó considerarse enganado[5], o cal fixo fracasar a moción[6], polo que puido seguir gobernando cos 2 edís socialistas e 2 do PPdeG que rexeitaran a moción.

Nas municipais de 1995 volveu encabezala candidatura do BNG e logrou un notable avance ó pasar de 1 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada, pero perdeu a alcaldía en favor do PPdeG que logrou a maioría absoluta. Volveu a encabezala candidatura nacionalista en 1999 e 2003, pero non conseguiu recuperala alcaldía e perdeu forza en favor do PSdeG e o PPdeG, o cal mantivo a alcaldía, se ben continuou sendo a segunda forza política do concello. Nas municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura nacionalista, encabezada por Juan José Blanco Riveiro, que logrou melloralos resultados aínda que os populares mantiveron o goberno. En xaneiro de 2008 renunciou como concelleiro, pasando a centrarse na súa actividade privada na cooperativa de Grille[7]. Dita cooperativa está integrada en Feiraco, pola cal chegou a competir pola súa presidencia.[8] En 2012 pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, sendo elixido en xaneiro de 2013 responsable local en Mazaricos[9].


Predecesor:
Manuel Maneiro Grille
 
Alcalde de Mazaricos
 
1991 - 1995
Sucesor:
José Manuel Santos Maneiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista en La Voz de Galicia, Barbanza, 27-3-2003, p.10.
  2. Entrevista en La Voz de Galicia, Barbanza, 27-3-2003, p.10.
  3. La Voz de Galicia, Barbanza, 14-6-1991, p.38.
  4. La Voz de Galicia, 19-1-1992, p.22.
  5. La Voz de Galicia, 25-1-1992, p.1.
  6. Moción de censura fallida en el Concello de Mazaricos
  7. El ex alcalde mazaricano Xoán Manuel Ramos deja la política
  8. "Feiraco: ¿Campo o política?". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-03. 
  9. Compromiso por Galicia escolleu aos seus responsables locais en Muros-Noia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]