Manuel Maneiro Grille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Maneiro Grille
Biografía
Nacementomaio de 1943 Editar o valor em Wikidata
Antes, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2002 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
San Fins de Eirón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mazaricos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , perito agrícola , empregado de banca Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata

Manuel Maneiro Grille, nado en San Cosme de Antes (Mazaricos) en maio de 1943[1] e finado en San Fins de Eirón (Mazaricos) o 24 de marzo de 2002, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como perito agrícola e como empregado de banca[2]. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura da UCD en Mazaricos e foi elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta de 11 concelleiros de 13. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular e foi reelixido cunha maioría absoluta de 9 concelleiros. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e volveu ser reelixido con maioría absoluta, logrando 8 concelleiros. Neste mandato foi deputado provincial, formando parte do goberno provincial e presidindo o Hospital de Conxo[3], naquel momento xestionado pola Deputación da Coruña. Durante os dous primeiros anos de mandato a CPG gobernou en coalición con AP, pese a que os socialistas lograran máis votos e deputados. Porén en xuño de 1989 el máis outros 2 deputados da coalición (os alcaldes de Santa Comba e Coristanco) apoiaron unha moción de censura dos socialistas contra o presidente popular José Manuel Romay Beccaría, facendo presidente a Salvador Fernández Moreda co cal pasaron a gobernar en coalición[4].

Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da Converxencia Nacionalista Galega e, pese que revalidou a vitoria, perdeu a maioría absoluta e foi apartado da alcaldía por un pacto dos demais grupos (PPdeG, PSdeG e BNG), que fixo alcalde ó nacionalista Xoán Manuel Ramos Rodríguez pese a haber logrado tan só un concelleiro; o apoio dos populares veu dado por indicacións de Romay, como vinganza contra Maneiro polo seu apoio á moción de censura[5]. Desta forma permaneceu na oposición e volveu traballar en banca. En xaneiro de 1992 4 dos seus compañeiros uníronse ó PPdeG para apoiar unha moción de censura contra Ramos[6], pero a falta de apoio final dun dos edís populares firmantes da moción, xunto co doutro concelleiro do partido, fíxoa fracasar[7]. Nas municipais de 1995 volveu a encabezala CNG pero tan só consigueu un concelleiro, tralo PPdeG (que logrou a alcaldía con maioría absoluta) e o BNG de Ramos.


Predecesor:
Manuel Pérez Villaverde
 
Alcalde de Mazaricos
 
1979 - 1991
Sucesor:
Xoán Manuel Ramos Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tiña 4 fillos. Finou na súa casa na parroquia de San Fins de Eirón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11.
  2. Obituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11.
  3. Obituario en La Voz de Galicia, Barbanza, 26-3-2002, p.11.
  4. La Voz de Galicia, 11-6-1989, p.29.
  5. La Voz de Galicia, Barbanza, 14-6-1991, p.38.
  6. La Voz de Galicia, 19-1-1992, p.22.
  7. La Voz de Galicia, 25-1-1992, p.1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]