Xoán Anleo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Anleo, nado en Marín en 1960, é un escultor e artista audiovisual galego. É profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, vive e traballa en Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Belas Artes pola Universidade de Castela-A Mancha. Formouse na Escola Massana de Barcelona, sendo influído polo ambiente conceptual de diferentes artistas cataláns, converténdose nun dos artistas máis experimentais da arte galega, distanciándose das propostas dese momento en Galicia. Formouse tamén na École des Arts Decoratifs de Xenebra (Suíza) e na California State University dos Ánxeles (EUA). Residiu no Brasil, no centro Capacete de Río de Janeiro, en La Quiñonera (México D.F.), lugar de convivencia e creación para artistas da América Latina, en Towhouse, no Cairo (Exipto), en Duende, Rotterdam (Países Baixos), Reiquiavik (Islandia) e no centro Künstler und Atelierhaus der Stadt Duisburg, en Alemaña.

Traballa con diversos medios, como a escrita, instalación, fotografía, arte sonora ou danza contemporánea, a edición de múltiples e libros de artista asi coma diversas publicacións. Ademais foi fundador dos grupos musicais Nómadas con Carlos Ordóñez e da triloxía Dirty Line, Taiwan e Hands Up! con Chiu Longina.

Está representado en importantes museos e coleccións coma o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz, Centro Andaluz de Arte Contemporáneo en Sevilla, Centro de Arte Dos de Mayo de Móstoles, Centre d'Art La Panera de Lleida, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badaxoz, MUSAC, Museo de arte contemporáneo de Castilla y León e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • Desorde. Museo-Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela. 2013
  • Cuadernos cuadrículados, habitaciones reservadas, envases dispuestos. Todo en orden. Galería Ad Hoc de Vigo. 2009
  • Algo vivo cando todo está morto. Algo incerto ante tanta certeza. Galería Magda Belloti. Festival Off de PhotoEspaña, Madrid 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.