Carbonato de calcio
| Carbonato de calcio | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| CaCO₃ | |||||||||||||||||||||||||||
Estrutura Modelo | |||||||||||||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Uso
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Causa de
| |||||||||||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||||||||||
|
Masa
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Densidade absoluta
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Presión de vapor
| |||||||||||||||||||||||||||
|
pKa
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Índice de refracción
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Presión de vapor
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Solubilidade
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Sistema cristalino
| |||||||||||||||||||||||||||
| Perigo | |||||||||||||||||||||||||||
|
Risco asociado
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Lím. de exposición media
| |||||||||||||||||||||||||||
|
Dose letal mediana
| |||||||||||||||||||||||||||
| Identificadores | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||||||||||||||
|
Descrito pola fonte
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||
O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos.
É compoñente dos seguintes minerais e rochas:
Propiedades químicas
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Carbonato.
O carbonato cálcico comparte as propiedades típicas doutros carbonatos, notablemente:
- Este reacciona con ácidos fortes, desprendendo dióxido de carbono:
CaCO3(s) + 2 HCl(aq) → CaCl2(aq) + CO2(g) + H2O(l)
- Desprende dióxido de carbono por calor (por encima de 840 °C no caso de CaCO3), para formar óxido de calcio, comunmente chamado cal vivo:
CaCO3 → CaO + CO2
- O carbonato cálico que reacciona con auga que está saturada con dióxido de carbono forma bicarbonato cálcico:
- CaCO3 + CO2 + H2O → Ca(HCO3)2
Esta reacción é importante na erosión das rochas carbonáticas, formando cavernas e xerando auga dura nesas rexións.
Presenza nos organismos vivos
[editar | editar a fonte]O carbonato cálcico é compoñente principal de moitas estruturas presentes en organismos vivos. Algúns exemplos son:
- Reino Protista
- En algas como Padina pavonica
- Reino Metazoo
- Nas cascas de ovo de réptiles e aves
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do carbonato cálcico (en castelán)