Xiraldo de Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXiraldo de Braga

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Gérald de Moissac Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Cahors, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 1109 Editar o valor em Wikidata
Bornos Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Braga Editar o valor em Wikidata
Arcebispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de decembro Editar o valor em Wikidata


Xiraldo de Braga, máis coñecido como san Xiraldo de Braga,[1] naceu en Gascuña, no século XI, e faleceu en Bornes de Aguiar en 1108. De familia nobre, profesou entre os bieitos do mosteiro de Moissac, onde ocupou os cargos de bibliotecario, mestre de oblatos e cantor. Máis tarde, foi arcebispo de Braga, cidade da que é padroeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O bispo Bernardo de Toledo conseguiu levalo á súa catedral para desempeñar alí as funcións de mestre e cantor.

Foi nomeado arcebispo de Braga, daquela pertencente ao reino de Galicia.[1] En 1100 viaxou a Roma para obter do papa Pascual II a dignidade metropolitana definitiva para a sé de Braga, ameazada polo impulso de Santiago de Compostela.[1]

En 1101, Diego Xelmírez é nomeado bispo de Santiago e, no seu afán de ampliar o poder compostelán, prodúcense enfrontamentos.[1] Por exemplo, Xelmírez leva a cabo en 1102 o pío latrocinio, isto é, o roubo das reliquias dalgúns santos como Covade, Froitoso, Silvestre ou Susana, traizoando a confianza depositada nel por Xiraldo.[1]

A autonomía eclesiástica de Braga será o presaxio da independencia do Condado Portucalense. En 1103 marcha de novo a Roma para obter a confirmación da xurisdición sobre todas as dioceses de Galicia (Astorga, Mondoñedo, Ourense, Lugo e Tui) e tamén as de Portugal (Porto, Coimbra, Lamego e Viseu).[1] Porén, Santiago terá xurisdición sobre Lisboa, Évora, Idanha, A Guarda, Salamanca e Mérida.[1]

Tivo un goberno breve pero intenso, no que levou a cabo unha serie de reformas a nivel eclesiástico, moral e administrativo. Reorganizou a escola e o capítulo catedralicio, continuou as obras da Catedral, recuperou os bens eclesiásticos usurpados e reformou o culto e a liturxia coa introdución do rito romano.

Morreu o 5 de decembro de 1108 en Bornes de Aguiar, concello de Vila Pouca de Aguiar.[1] Foi sepultado na capela de San Xiraldo, na Catedral de Braga.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-27.