Xesús Blanco Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Blanco Conde
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Cimadevila, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Laza
2019 – 2020
← José Ramón Barreal Novo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xesús Blanco Conde[1][2], nado en Cimadevila (Laza) o 18 de setembro de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en 1973 en funcionario da administración do estado[2], ao aprobar a oposición ao corpo de administrativos, e foi destinado a Oviedo, onde permaneceu unha década. Alí estudou Dereito e licenciouse pola Universidade de Oviedo. En 1983 aprobou a oposición ao corpo de xestión[2] e ao ano seguinte conseguiu o traslado á Tesourería da Seguridade Social en Ourense. En 2004 converteuse en codirector provincial do INSS na provincia de Ourense e en 2018 en director[2].

En abril de 2019 xubilouse para dedicarse por enteiro á política e nas eleccións municipais de 2019 encabezou a lista ao concello polo PSdeG-PSOE. Obtivo tres concelleiros e, malia quedar segundo, conseguiu converterse en alcalde de Laza co apoio dos dous concelleiros de Xuntos por Laza.

En xuño de 2020 destituíu os concelleiros de Xuntos por Laza, e en xullo dese ano dimitiu como alcalde pero continuou de concelleiro[3].

Ten escrito diversos artigos (na revista Auria) sobre diversos aspectos de etnografía local e unha monografía sobre o Entroido de Laza. Tamén ten publicado artigos sobe aspectos de xestión da tesourería da Seguridade Social.


Predecesor:
José Ramón Barreal
 
Alcalde de Laza
 
2019 - 2020
Sucesor:
José Ramón Barreal

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saúdo do alcalde". www.laza.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-17. . Aquí asina como Xesus [sic] Blanco Conde
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "CV do alcalde" (PDF). Concello de Laza. 
  3. Palomares, Paula (2020-07-16). "El alcalde de Laza anuncia su dimisión". La Región (en castelán). Consultado o 2020-07-17.