Entroido de Laza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Entroido de Laza é unha festividade de carácter tradicional que se realiza durante os días anteriores ó mércores de Cinza na vila de Laza (provincia de Ourense). É considerado o entroido con maior antigüidade e esplendor de Galicia.

Na mañá do domingo están ós peliqueiros cos traxes característicos, chocallos na cintura, unha máscara que lles cobre a cara, e na súa man un látego. Estes son os personaxes principais do Entroido de Laza. O domingo xunto co martes realízase unha cabalgata de carrozas decoradas de formas distintas. A farrapada realízase na mañá do luns, unha pintoresca batalla, na que se utilizan trapos manchados de barro coma se fosen de armas. Ese mesmo día, cando anoitece, un veciño da vila vestido cunha cabeza "postiza", e unha manta, simula atacar ás mulleres mentres os seus compañeiros arróxanlle terra con formigas ó público. O fin da festa chega ó final do día do martes onde se le o testamento, crítica do ocorrido desde o Entroido do ano anterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]