Xavier Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXavier Sierra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Xirona, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Terrasa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona
Universidade Complutense de Madrid
Universidade Aberta de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , ensaio , médico , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Xavier Sierra i Valentí, nado en Xirona o 1 de decembro 1952 e finado en Terrasa o 3 de xaneiro de 2024,[1] foi un dermatólogo, ensaísta, poeta e tradutor catalán.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi licenciado en Medicina pola Universidade Autónoma de Barcelona, Doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Humanidades pola Universitat Oberta de Catalunya. Médico Especialista en Dermatoloxía, Institut Català de la Salut, traballou en Terrasa e Barcelona.[3]

Publicou artigos en revistas da súa especialidade como Gimbernat: Revista d’Història de la Medicina i de les Ciències de la Salut.[4] Tamén colaborou no Diari de Terrasa.

Desde 2015 publicou no blog “Un dermatólogo en el museo”,[5] a finais do 2022 levaba publicados máis de 1.800 artigos.[6]

En xaneiro de 2023 presentouse o ducumental Dr. Xavier Sierra, un dermatólogo en el museo,dirixido por Antoni Verdaguer, forma parte da serie Terrasenques/Terrassencs.[7]

Xavier Sierra e Galicia[editar | editar a fonte]

O seu pai era galego, do Vicedo, e el dominaba e usaba o galego. Traduciu poemas galegos ao catalán e na súa consulta indicaba que atendía en catalán e galego.

Foi parella de Mercedes Cerdeira Caramés, dermatóloga en Vigo. É curmán do historiador e político Xosé Carlos Sierra.

Traduciu ao catalán Nimbos de Díaz Castro.

Obras[editar | editar a fonte]

Medicina[editar | editar a fonte]

Humanidades[editar | editar a fonte]

  • Poesía a flor de piel I (1998). Mra. Barcelona
  • Poesía a flor de piel II (1999). Mra. Barcelona.
  • Lírica galaicoportuguesa medieval (2013). ARC. Barcelona.[8]
  • Poesies confinades (2020)

Premios e honras[9][editar | editar a fonte]

  • Membro de Honor do l’Institut Mèdic Valencià
  • Fundador da European Society for the History of Dermatology and Venereology (Vicepresidente 1999-2003) Secretario (2003-2007).
  • Premio Roel do Instituto Médico Valenciano (2001)
  • Premio á Excelencia Profesional do Collegi de Metges de Barcelona.[10]
  • En 2019 ingresou na Real Academia de Medicina de Cataluña.[11]
  • Presidente do Patronato do Museu d'Història da Medicina de Cataluña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere Xavier Sierra, miembro de la Reial Acadèmia de Medicina de Cataluña". Redacción Médica (en castelán). Consultado o 2024-01-04. 
  2. Roca, Mercè Borràs i (2020). "Entrevista al doctor en medicina i historiador Xavier Sierra Valentí". Terme (en catalán) (35): 173–183. ISSN 2014-9670. 
  3. "Xavier Sierra i Valentí". linkedin. 
  4. "Xavier Sierra Valentí". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-01-04. 
  5. "Un dermatólogo en el museo". xsierrav.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2024-01-04. 
  6. "Muere el dermatólogo de Terrassa Xavier Sierra i Valentí". MónTerrassa (en castelán). 2024-01-04. Consultado o 2024-01-04. 
  7. Barcelona, Col·legi de Metges de. "Presentación “Dr. Xavier Sierra, un dermatólogo en el museo". CoMB (en castelán). Consultado o 2024-01-05. 
  8. "6502.pdf" (PDF). comb.cat (en ct). Consultado o 04/01/2024. 
  9. "Un dermatólogo en el museo : ¿Quien soy?". Un dermatólogo en el museo. Consultado o 2024-01-04. 
  10. Redaccio (2019-02-26). "El Dr. Xavier Sierra, académico electo de la Reial Acadèmia de Medicina". Diari de Terrassa. Consultado o 2024-01-04. 
  11. "Sierra i Valentí, Xavier". Reial Academia de Medicina de Catalunya (en ct). Consultado o 2024-01-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Documental 2022 11 28 Xavier Sierra, un dermatòleg al museu